Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Fundación Galega contra o Narcotráfico renovan a súa colaboración na xestión de bens comisados
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente da Fundación, Manuel Antonio Couceiro, asinaron hoxe o convenio
A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como referente do estado pola súa eficacia, solvencia e carácter pioneiro
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos profesionais da avogacía e a procuradoría
A comisión mixta de xustiza entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insiste na necesidade de dotar Compostela dun xulgado de violencia sobre a muller
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión para pedirlle ao Goberno central máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia
A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de delitos
Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar o uso social dos bens incautados
A Xunta aposta por espazos como as salas Gesell para garantir a privacidade de menores e persoas vulnerables nas probas relacionadas con casos como os de dereito de familia
O director xeral de Xustiza participou na inauguración das ‘VIII Xornadas de dereito de familia’, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega
A Xunta publica a convocatoria extraordinaria para o recoñecemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o novo acordo entre o Goberno galego e as forzas sindicais representadas na mesa sectorial para ampliar o acceso ao réxime extraordinario
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta
Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación