Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

08/07/2024 | 13:15 | C. do Mar

A Xunta reforza a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade da acuicultura galega con máis de 800.000 euros

Hoxe foi publicada no DOG a Orde de axudas que están dirixidas a financiar proxectos de I+D+i que implican a introdución de tecnoloxías que permitan incrementar a produción atendendo a criterios de sustentabilidade da actividade

06/07/2024 | 16:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar vocacións tecnolóxicas entre as nenas

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech

05/07/2024 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Catro centros tecnolóxicos recibirán case 8 M€ da Xunta para mellorar as infraestruturas de investigación e ensaio

O CTAG recibirá unha axuda de 4M€, mentres que AIMENT recibirá 3,2M€, Gradiant uns 263.000€ e CETIM 442.000€

04/07/2024 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa ANFACO-CECOPESCA como exemplo de innovación e competitividade na industria mar-alimentaria

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita o centro acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo

03/07/2024 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración
30/06/2024 | 11:32 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia alenta unha postura común das comunidades autónomas para a xestión ética e responsable da IA

Na xuntanza participaron representantes de 12 gobernos autonómicos, que avanzaron nun documento de consenso de principios xerais para afrontar os retos do uso desta tecnoloxía nas Administracións públicas

29/06/2024 | 09:53 | C. de Facenda e Administración Pública

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou cerca de 900 millóns de euros dende a súa posta en marcha en 2021 ata finais de 2023

Case 230 millóns corresponden a capital privado e os investimentos públicos foron de fondos propios da Xunta e da Unión Europea

28/06/2024 | 13:04 | C. de Facenda e Administración Pública
28/06/2024 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avoga polo bo uso dos avances tecnolóxicos como ferramenta de progreso e cohesión

O conselleiro de Educación participa na inauguración do foro internacional sobre innovación Ecosystems2030 baixo o título ‘Mulleres en liderado’

27/06/2024 | 18:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o amplo abano de servizos que ofrece o Hub de Innovación Dixital Europeo EDIH DATAlife para a dixitalización do tecido empresarial galego

Este proxecto europeo, que aglutina 15 socios científicos, ten como obxectivo introducir tecnoloxías dixitais no tecido produtivo