Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

05/07/2024 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo louva o labor da Asociación María Andrea de Ourense a prol da defensa dos dereitos das mulleres viúvas e dos seus fillos

O delegado territorial subliñou que na provincia de Ourense foron 12 as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que recibiron achegas por un valor total de preto de 221.000 euros

04/07/2024 | 19:31 | C. de Política Social e Igualdade; Axencia de Turismo de Galicia

O Portamerica, nova parada da área de igualdade e punto lila e arco iris da Xunta de Galicia

A través deste servizo ofrecerase información e realizaranse actividades de concienciación sobre a igualdade entre mulleres e homes, o colectivo LGBTI ou a loita contra a violencia de xénero

03/07/2024 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anuncia que os cinco centros de crise 24h estarán en funcionamento no último trimestre do ano

Cada un destes puntos de atención especializada para vítimas de violencia sexual contará cun equipo de sete profesionais para ofrecer atención psicolóxica, xurídica e social continuada

03/07/2024 | 09:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas a concellos para habilitar vivendas para persoas sen fogar

Terá un orzamento de case 6 millóns de euros e o obxectivo é rehabilitar entre 80 e 100 inmobles

01/07/2024 | 17:39 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

30/06/2024 | 16:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora no Fogar Residencial de Taboadela

Sufragará con 90.000 euros a impermeabilización das fachadas do centro, que executará o concello por tratarse dun edificio de titularidade municipal

29/06/2024 | 17:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora con ACCEM na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Incrementou ata os 520.000 euros as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a esta entidade, o que permitiu que incrementase as prazas deste centro de acollida de oito a dez

29/06/2024 | 16:14 | C. de Política Social e Igualdade

As familias poden empregar agora a Tarxeta Benvida desde a semana 21 de embarazo

O Goberno galego incrementou esta semana o crédito da Tarxeta Benvida ata os 35,5 millóns de euros para atender a todas as familias que reúnen cos requisitos