Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

30/05/2024 | 13:10 | C. do Medio Rural

Medio Rural investiu preto de 4 M€ no 2023 para financiar proxectos de innovación no agro galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria do pasado ano das axudas para a execución de iniciativas innovadoras dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) da Consellería do Medio Rural

30/05/2024 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca tres novas prazas de investigador distinguido no programa Oportunius para captar e reter talento científico en Galicia

Deste xeito superarase, por primeira vez, a vintena de investigadores contratados polo Goberno galego ao abeiro deste programa

30/05/2024 | 10:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola dixitalización para impulsar o emprendemento ligado ás necesidades do territorio

José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento que leva atendidos uns 1.900 proxectos e na que se enmarca o Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios

22/05/2024 | 14:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Clúster Saúde de Galicia proseguen no labor de impulsar a transferencia entre as empresas do sector

Ambas entidades asinaron un convenio de colaboración a principios deste ano para impulsar a cadea de valor do sector biotecnolóxico sanitario

21/05/2024 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ampliará o número de investigadores Oportunius con tres novas prazas para captar e reter talento científico

O conselleiro de Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, reúnese cos integrantes deste programa que superará por primeira vez a vintena de participantes

17/05/2024 | 17:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e o Norte de Portugal avanzan no desenvolvemento da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza

Representantes do ecosistema de I+D+i Eurorrexión reuníronse en Vigo para iniciar os traballos de deseño do novo plan

16/05/2024 | 16:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez aposta por impulsar a transferencia de coñecemento entre os centros de investigación e o tecido produtivo a través dun novo plan de I+D+i

O obxectivo é transferir todo o coñecemento derivado da ciencia a aplicacións prácticas e innovadoras nos diferentes sectores empresarial

14/05/2024 | 19:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
11/05/2024 | 12:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove con case 5 M€ a contratación este ano de 152 desempregados menores de 30 anos en actividades de I+D+i ao abeiro do Programa Investigo

José González destacou que as axudas van dirixidas a empresas cualificadas como iniciativas de base tecnolóxica e a outras do sector privado que traballen en investigación e innovación

09/05/2024 | 18:28 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros destaca a formación e a colaboración como claves da capacidade de resposta da Xunta ante os ciberataques

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde na apertura da xornada ‘Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresarial’, organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra