Actualidade
Buscador de novas
Constituído o posto de mando avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de case un milleiro de efectivos diarios durante ‘O Son do Camiño’
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a seguridade das máis de 140.000 persoas que se prevé que asistan aos concertos desde hoxe ata o sábado dun festival acreditado como referente musical, cultural e turístico na comunidade
A Xunta investirá 50.000 euros en obras de mellora na residencia pública para persoas maiores de Ortigueira
A intervención centrarase na zona de dormitorios do centro, que conta na actualidade con 50 usuarios
O Sergas publica as puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería
Superaron a fase de oposición do proceso selectivo un total de 3.708 aspirantes na categoría de persoal de servizos xerais, e 7.553 na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería
A Xunta convoca a través da Agasp un novo proceso selectivo para cubrir 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da oposición por quenda libre para a contratación das persoas que superen as probas en réxime laboral temporal ou formar parte da listaxe de reserva
O Sergas publica os aspirantes seleccionados no concurso de méritos nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería
Resultan seleccionados un total de 294 aspirantes, 17 na categoría de persoal de servizos xerais e 277 na de técnico en coidados auxiliares de enfermería