Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 189 novas da área temática Emigración:

25/05/2024 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Miranda inicia un viaxe a Venezuela para fortalecer os lazos coa comunidade galega e supervisar a xestión dos programas de atención aos galegos

Esta viaxe  mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos de Venezuela

16/05/2024 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta

A maiores, a Secretaría Xeral tamén subirá de xeito gratuíto a súa web o libro ilustrado na que se narra a vida da homenaxeada nesta data

04/05/2024 | 20:21 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda reúnese co responsable de pesca da Arxentina e con empresas pesqueiras galegas para visibilizar e afianzar a importancia do sector no país

Traslada a tranquilidade que lle transmitiu López Cazorla ao aseguroulle que as incertezas que había a principios de ano “non se van producir finalmente e que, polo tanto, esa estabilidade que demandan as empresas galegas vaise manter”

04/05/2024 | 19:18 | A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co ánimo de preservar os intereses da colectividade galega na capital arxentina

Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza

03/05/2024 | 10:07 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda visita o Centro Galego de Comodoro Rivadavia na súa viaxe por Arxentina

Salienta que a entidade conte cun museo sobre a emigración, fundamental para entender a historia de Galicia

01/05/2024 | 19:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

Rueda destaca no inicio da súa viaxe por Arxentina o obxectivo de reforzar as relacións institucionais, económicas e culturais con este país

Comeza a visita cun encontro con representantes da colectividade para trasladar as medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar o retorno dos galegos do exterior

21/04/2024 | 12:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

Rueda viaxará a Arxentina para apoiar ás empresas pesqueiras galegas e visitar á colectividade no país

Esta será a primeira viaxe ao estranxeiro como titular do Goberno galego nesta lexislatura

19/03/2024 | 14:52 | Secretaría Xeral de Emigración

O número de emigrantes galegos diminúe en 2.861, mentres se incrementou o número de descendentes nados no exterior, sumando un total de 534.972

O aumento de cidadáns galegos residentes no estranxeiro ten a súa base na descendencia dos galegos nados xa no seu país de destino

07/03/2024 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Arquivo de Galicia convida a reflexionar sobre a dobre condición de muller e migrante a través de 56 documentos

O director xeral de Cultura inaugura a exposición ‘Fillas de Galicia. Mulleres na emigración’, que analiza os roles de xénero a partir dos fondos da Casa de Galicia de Montevideo e a Asociación O Penedo de Barcelona