Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

28/06/2024 | 13:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta en Vigo aposta por consolidar o KiteFest de Cesantes como proba de referencia internacional do deporte náutico

Ana Ortiz participou este venres na presentación da proba que se celebrará do 5 ao 7 de xullo na praia redondelana de Cesantes

28/06/2024 | 08:23 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a aposta da Xunta polo pádel e as súas infraestruturas, que conseguen traer a Galicia os mellores eventos do mundo como o A1 Tour

Dende 2009, a Federación Galega de Pádel pasou de ser a vixésimo novena federación galega en número de licenzas con 1.482 a ser hoxe a sexta con maior número de licenzas con 9.427

26/06/2024 | 12:06 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos nos últimos anos 7,3 M€ destinados a máis de 3.600 axudas para deportistas de alto nivel

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que a convocatoria deste ano conta cun orzamento de 600.000 euros, dos que tamén se benefician os deportistas que participarán o próximo mes nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París

25/06/2024 | 20:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/06/2024 | 17:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa sinala que Moaña será o epicentro do ciclismo galego ao acoller esta fin de semana ata sete campionatos de Galicia

Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16 anos é líder da Copa de España de Estrada Feminina na categoría cadete

24/06/2024 | 19:00 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora un ano máis no Rompetiño Jump que xa é unha cita ineludible no panorama urbano nacional e mesmo internacional

O secretario xeral para o Deporte destaca que todos os seus eventos deportivos son de disciplinas olímpicas polo que “o festival contribúe a renovar a lista de olímpicos galegos e galegas que medra cada ano”

24/06/2024 | 15:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta o pasamento de José María Caneda, expresidente da Sociedade Deportiva Compostela

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou o fito do club ao conseguir o subcampionato de inverno na tempada 1995/1996

22/06/2024 | 20:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Liga Galega de Traiñeiras con 25 equipos nas súas tres categorías

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na illa de San Simón no acto de presentación da competición de banco fixo, que o Goberno galego apoia cunha achega de 125.000 euros

21/06/2024 | 18:04 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete recibe no Obradoiro ao piloto Gerard Farrés tras percorrer 1.700 km en cinco días monte a través desde Cataluña patrocinado pola empresa galega TSR

Lembra a aposta polo motor e polos pilotos galegos que compiten no Dakar como Javier Campos, Edu Iglesias, Fran Gómez-Pallas ou Ricardo Ramilo que neste 2024 estiveron patrocinados pola Xunta

21/06/2024 | 17:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O parque acuático do complexo deportivo de Monterrei abre as súas portas ata o vindeiro 15 de setembro

O horario é de 12 a 21 horas cunha ocupación diaria máxima de 2.500 persoas