Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia o encontro entre produtoras audiovisuais galegas e portuguesas no marco do vindeiro festival Porto/Post/Doc
Ábrese ata o 6 de setembro o prazo de inscrición no ‘Forum Luso-Galego. Creatividade e coprodución’, que terá lugar o 25 de novembro na cidade do Porto
A Xunta estima un retorno de 3,85€ por cada euro investido na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
López Campos destaca que o estudo realizado “demostra o valor e a rendibilidade deste servizo que non ten ningún custo para as persoas usuarias”
A Xunta destina preto de 100.000 euros á renovación e mellora dos equipamentos culturais de 7 concellos da provincia de Ourense
Manuel Pardo explicou que na liña de axudas para equipamento e mellora de instalacións culturais, na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Entrimo, os concellos de Taboadela, O Carballiño, Bande, Cartelle, Baños de Molgas e A Pobra de Trives
Anxo M. Lorenzo celebra 25 anos de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións
O director xeral de Cultura inaugura a exposición ‘Verba Volant, picta manent’, conmemorativa da efeméride e que reúne máis dun cento de pezas representativas das distintas mostras temporais da entidade
López Campos destaca a “difusión dos fondos das nosas institucións en distintos espazos culturais”
A exposición itinerante ‘Os traballos de Hércules’ reúne 16 gravados orixinais que foron realizados a partir dunhas pinturas ao fresco do artista italiano Luca Giordano
López Campos destaca a contribución do voluntariado no coidado e conservación das illas Cíes
A iniciativa pon en marcha unha serie de actividades para a preservación da illa e o seu entorno ademais de propostas lúdicas e deportivas
A Xunta apoia a través de Fest Galicia a experiencia de música, gastronomía e patrimonio do 17º Ribeira Sacra
O evento é unha das citas musicais que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa mediante a adhesión á súa marca de calidade para os festivais galegos
‘Atardecer no Gaiás’ convoca ao público a bailar esta semana cos grupos A Pedreira e Mandale Mecha
Ugia Pedreira, unha das voces máis célebres de Galicia, presentará na Cidade da Cultura o seu último disco en solitario, ‘Basal’, o xoves 18 de xullo