Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 337 novas da área temática Comercio:

04/07/2024 | 13:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o lanzamento da VI edición do Bono Activa Comercio para o vindeiro outono co obxectivo de seguir impulsando o comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo a unha pregunta sobre esta campaña

03/07/2024 | 15:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta asina cos comerciantes da Praza de Abastos nº1 de Ourense o convenio a través do cal financiará a realización do plan funcional do mercado

O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes atendendo as necesidades dos praceiros e en coordinación cos técnicos municipais, é o seguinte paso a dar para reiniciar a actividade comercial no edificio histórico 

02/07/2024 | 13:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta
01/07/2024 | 15:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2024 nos que incrementa a súa aposta pola formación dos novos talentos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria das tres categorías que conforman estes galardóns e que son o Premio Artesanía de Galicia para unha obra ou colección, Premio Traxectoria para un artesán de sólida traxectoria no sector e as tres Bolsas Eloy Gesto destinadas á formación de novos talentos

29/06/2024 | 21:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González salienta no Festival Espírito Ribeiro o impulso da Xunta á divulgación da artesanía galega

A Xunta patrocina a organización da cuarta edición desta iniciativa, que arrancou na tarde de onte en Arnoia e mañá remata en Cenlle

29/06/2024 | 21:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a industria láctea como garantía de futuro para o rural

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron ao acto de presentación de novos sabores de Bico de Xeado  

27/06/2024 | 20:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta defende a creación dunha mesa de traballo co Concello de Vigo e Conxemar para avaliar as cuestións que blinden o carácter referencial desta feira

O director xeral de Comercio e Consumo trasladou no Padroado de Ifevi que o Goberno galego sempre apoiou e vai seguir apoiando á Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura

25/06/2024 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Corazón da Artesanía de Agolada promoverá nesta edición a incorporación da Artesanía de Galicia no ámbito da gastronomía

A programación do proxecto Artesanía no Prato inclúe showcookings de recoñecidos chefs galegos do Grupo Nove nos que se empregarán pezas de 10 obradoiros de Artesanía de Galicia