Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

11/06/2024 | 15:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 1,3 M€ a segunda fase do Plan de saneamento de Galicia co obxectivo de optimizar o aproveitamento dos recursos hídricos galegos

Os traballos inclúen a creación do rexistro oficial de aglomeracións urbanas de Galicia e a proposta de medidas coas que mellorar as instalacións de depuración ineficientes, reducir as infiltracións nas redes municipais, optimizar a xestión das augas pluviais e a eficiencia enerxética dos sistemas de saneamento

22/05/2024 | 16:32 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Mañón asinan un convenio de colaboración para o mantemento das canalizacións de depuración de augas

O ente público autoriza á Administración local a intervención en zona portuaria para as tarefas relativas á rede de saneamento en Bares e O Barqueiro

13/05/2024 | 17:53 | C. de Sanidade

O 97% das zonas do censo de augas de baño de Galicia ten unha clasificación sanitaria de excelente ou boa

A Xunta iniciará o vindeiro 1 de xuño unha nova campaña do Programa de vixilancia, tomando como referencia o informe final da pasada tempada

13/05/2024 | 16:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 1,9 M€ a construción dunha depuradora no río Mendo que dará servizo ao Concello de Salvaterra de Miño

A nova instalación hidráulica, cun prazo de execución de ano e medio, está deseñada para cubrir as necesidades de arredor de 2.300 veciños no horizonte do ano 2040

12/05/2024 | 16:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá 2,4 M€ para garantir o servizo de depuración de augas a máis de 50.000 persoas nos concellos de Nigrán, Gondomar e Soutomaior

Está previsto que os contratos para a xestión de tres estacións depuradoras localizadas nestes municipios pontevedreses se prorroguen ata maio do ano 2025

06/05/2024 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de Carballo e Coristanco

As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

03/05/2024 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concluirá este verán as obras de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha

Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer fronte á demanda de auga na época estival e a dar servizo ao parque empresarial

12/04/2024 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede axudas a 27 concellos para realizar auditorías nas redes municipais de abastecemento

O número de concellos beneficiarios podería incrementarse, xa que algúns solicitantes están completando o traslado da documentación necesaria a Augas de Galicia

10/04/2024 | 19:07 | C. do Mar

A Xunta apoia as demandas do sector e reclama ao Goberno central que asuma os seus compromisos como promotora da dragaxe da ría do Burgo

Desde a Consellería do Mar sinalan que o Goberno galego ven colaborando desde o inicio desta actuación aportando a información precisa para a realización dos cálculos das compensacións económicas aos profesionais afectados

08/04/2024 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 6,3 M€ a dixitalización do rexistro de captacións de augas na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

Estes traballos permitirán á entidade hidráulica da Xunta dispor dunha potente Plataforma tecnolóxica de apoio nas tramitacións relacionadas coa xestión da auga