Actualidade
Buscador de novas
O filme ‘San Simón’ ródase na provincia de Pontevedra co apoio da Xunta a través das axudas á produción audiovisual
A película conta cunha subvención de máis de 255.000 euros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades
A filmoteca de Galicia celebra o Día da Muller durante todo o mes de marzo con 26 traballos de dirección feminina
A nova edición do ciclo ‘Olladas de muller’ inclúe 15 títulos e ábrese o día 5 cun coloquio con Jaione Camborda e Laura Ferrés seguido da proxección das curtas Rapa das Bestas e Los desheredados
O colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’, de concienciación sobre a igualdade de xénero
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita as actividades desta iniciativa, que inclúen a proxección de curtas, coloquios e obradoiros
A Xunta activa unha nova liña de subvencións para incubadoras e residencias audiovisuais cun investimento de 200.000€
Rueda salienta que se suma de xeito extraordinario ao programa de axudas ao sector para 2024, a través do cal a Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades investirá máis de 5,8 millóns de euros nas diferentes fases do proceso audiovisual
A Xunta presenta unha nova edición do catálogo ‘Films from Galicia’ con información sobre 75 producións galegas para cine e televisión
A Axencia Galega das Industrias Culturais comeza a difusión da escolma deste ano no 36º European Film Market que se celebra estes días en paralelo á Berlinale
O Hub audiovisual da Xunta acadou un impacto económico de máis de 32 M€ e executou 109 proxectos, segundo un estudo presentado pola USC
Permitiu a creación de 777 empregos anuais, a mobilización de 28,5 M€ a través da actividade transversal xerada e o retorno duns catro euros por cada euro investido
O encontro 'Conecta +' achégalles 22 novos proxectos audiovisuais a produtoras de España e Portugal co apoio da Xunta
O obxectivo desta xornada de ‘coworking’ é poñer en contacto a profesionais dos ámbitos da creación e da produción para propiciar a rodaxe de propostas que nestes momentos se atopan en fase de desenvolvemento
Bota a andar en Carral o centro de animación Amiga Space co apoio do Hub Audiovisual da Xunta de Galicia
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste ao evento de presentación desta iniciativa, subvencionada con 100.000 euros a través do fondo tecnolóxico para a compra de equipamentos e acondicionamento de instalacións
A Xunta destina 300.000 euros á nova convocatoria anual de subvencións para festivais audiovisuais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases desta liña de axudas para eventos estratéxicos que se celebren entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024