Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

22/07/2024 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 5,7 millóns de euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín

Esta intervención no treito Mollavao-Praceres permitirá executar 3,5 quilómetros de itinerario pola marxe dereita da PO-546, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil

22/07/2024 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por altas temperaturas en Ourense

O episodio prevese que comece ao mediodía deste martes con máximas de ata 39 graos nas zonas sur e Miño da provincia 

22/07/2024 | 12:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aneiros defende o éxito de programas mixtos de formación e emprego durante unha visita ao alumnado do obradoiro de garantía xuvenil’ Inicia VII’

O programa, que conta con 15 participantes, desenvólvese na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

22/07/2024 | 12:10 | A Presidencia da Xunta

A Xunta concede axudas a seis empresas da provincia de Ourense para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías no segundo trimestre deste ano

O delegado territorial explicou que en Galicia suman 70 subvencións por un importe global superior aos 1,6 millóns de euros

22/07/2024 | 11:42 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta intensifica a oferta turística do verán da cidade da Coruña co seu apoio ao Morriña Festival

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participan na presentación da cita que se celebra o venres e sábado

22/07/2024 | 11:33 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 69 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 19 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 21 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 76 chamadas por accidentes de tráfico

22/07/2024 | 10:46 | Axencia de Turismo de Galicia

Máis de 60.000 persoas de 18 países asistiron ás dúas citas do Gozo Festival no Monte do Gozo co apoio da Xunta

Os concertos de Ed Sheeran e o festival de música electrónica BBF celebrados o 6 e 13 de xullo ofreceron concertos de 19 artistas e máis de 17 horas de música 

22/07/2024 | 10:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concerta once prazas para persoas sen fogar no centro de acollida e inclusión Padre Rubinos da Coruña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle a resolución do concerto social convocado para a prestación deste servizo

21/07/2024 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense

Iniciaranse traballos de roza nas autovía Ferrol-Vilalba, na Coruña; e nas estradas LU-533, ao paso polo concellos de Chantada e O Saviñao; e na OU-402, en Castrelo de Miño