Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

04/05/2023 | 16:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CIFP As Mercedes amosa os proxectos innovadores dos ciclos de Aeromecánica e Enerxías eficientes no ‘Tour do Talento’

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou a exposición do centro docente no marco desta iniciativa, que promove a Fundación Princesa de Girona e conta co apoio da Xunta de Galicia

04/05/2023 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

O proxecto europeo RuralYouthFuture contribuirá á creación de emprego xuvenil de calidade no rural

A Fundación Galicia Europa lidera este proxecto no que participan entidades doutros seis países da Unión Europa e no que colabora Consellería de Política Social e Xuventude co programa EuroXuventude

04/05/2023 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares

04/05/2023 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 150 estudantes participan no primeiro Encontro Lusófono organizado polo Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo

O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta xornada promovida ao abeiro da Lei Paz Andrade para impulsar os vínculos coa lusofonía

02/05/2023 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega ao CPI Plurilingüe de Vedra os obradoiros talento mozo con casos de éxito da xuventude galega

A gañadora do premio Acción Voluntaria 2020 na categoría individual, Sofía Prol, e a directora de comunicación e marketing de viaqua, Sonia Delpont, mantiveron un coloquio co alumnado do centro

01/05/2023 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o prazo do premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa está impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal

30/04/2023 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta galardoa as mellores declaracións de amor do duodécimo certame Lingua de namorar

Na categoría A, de 14 a 19 anos, foron premiados a ourensá Alba Guzmán Falcón, o coruñés Santiago Sánchez Villarino e a veciña de Pantón Carla López Otero

29/04/2023 | 17:00 | C. de Política Social e Igualdade

O día da Xuventude da Xunta celébrase en Ribadeo

Durante toda a xornada de hoxe a xente nova desfruta dunha ampla programación de actividades con obradoiros, xogos e música, totalmente gratuíta

29/04/2023 | 11:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García visita o proxecto Emocionarte que leva actividades artísticas aos nenos hospitalizados no Clínico Universitario de Santiago

O obxectivo desta iniciativa, impulsada pola Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva, é que os menores teñan unha estadía máis agradable no centro, axudalos a xestionar mellor as súas emocións e que poidan iniciarse en actividades como a costura, a música, a maxia, a pintura ou a literatura

28/04/2023 | 18:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva as actividades do programa ‘Feira da primavera’ ao Espazo Xove de Tui

A iniciativa inclúe obradoiros, un campionato de globos e unha representación de teatro