Actualidade
Buscador de novas
Galicia amosa no COP28 o seu traballo para adaptar de maneira gradual os pesqueiros a novas enerxías e formar as tripulacións na descarbonización da frota
A Consellería do Mar defende no cumio de Dubái que esta auténtica revolución tanto nos procesos como na capacidade dos buques debe realizarse dunha forma realista e asumible polo sector, acompasando o respecto ao medio coa competitividade
A Xunta expón no COP28, o cumio do clima de nacións unidas en Dubai, os pasos que da Galicia para avanzar nunha descarbonización da frota realista e asumible
A Consellería do Mar participa neste fundamental encontro que aborda o impacto cambio climático e as medidas para limitalo xunto aos efectos sobre a sociedade
Cetmar deseña unha nova ferramenta de apoio á toma de decisións na ordenación espacial mariña en Galicia
O visor, denominado Mar-Plan, permite visualizar a actividade marisqueira, acuícola e pesqueira en termos socioeconómicos ao longo do litoral galego
A Xunta aposta por mobilizar de forma coordinada todos os recursos científicos e de I+D+i presentes en Galicia en favor do seu sector marítimo-pesqueiro
Alfonso Villares aborda o Programa de Ciencias Mariñas financiado polos fondos Next Generation, con 6 millóns do Plan de Resiliencia e 4 máis do Femp e Fempa pola Xunta
A Xunta pecha os foros de Galicia Sabe Amar nos que profesionais da gastronomía puxeron en valor as propiedades dos produtos do mar galegos
O conselleiro enxalzou a calidade e variedade das preto de 300 especies que son comercializadas polas máis de 60 lonxas de toda Galicia e sinalou a importancia de incentivar o seu consumo dentro dunha dieta equilibrada e saudable
Alfonso Villares defende que a rebaixa do IVE aos produtos da pesca incentivaría o seu consumo e xeraría efectos beneficiosos no conxunto da economía
Un recente estudo das universidades de Santiago e A Coruña certifica que se se reduce á metade este imposto poderíanse chegar a crear preto de 5.600 novos empregos e xeraríase un valor engadido bruto de 28,5 millóns de euros