Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

28/02/2023 | 15:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O presidente da Xunta demanda que no Perte do naval o Goberno central teña en conta o peso significativo de Galicia no sector

Salienta que representa o 3,5 % do PIB galego e que emprega a preto de 13.500 persoas, ademais de ser Galicia a Comunidade Autónoma con máis empresas no sector: “Levamos moito tempo facendo as cousas ben e merecemos recoller o froito dese esforzo”

28/02/2023 | 12:56 | C. de Facenda e Administración Pública

A Estratexia Galicia Dixital 2030 marca entre os seus obxectivos que no 2025 o 25 % das empresas e o 50 % das administracións empreguen solucións baseadas en tecnoloxías disruptivas

A EDG 2030 ten como eixo transversal impulsar a especialización tecnolóxica de Galicia para promover un novo modelo produtivo baseado nunha economía dixital e sostible

28/02/2023 | 12:35 | C. de Economía e Industria

O comercio de proximidade pode solicitar a partir de mañá as novas axudas da Xunta para a dixitalización dos seus establecementos e servizos

Cun orzamento de 3 M€, estes apoios financian, entre outras actividades, márketing dixital, servizos de loxística ou xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos

27/02/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que o interese de Resonac por consolidarse en Galicia demostra o potencial da Comunidade para liderar industrias que farán unha sociedade máis sostible

Salienta as “enormes posibilidades” para a mobilidade sostible que xeran proxectos industrias como o de Resonac dirixido ao desenvolvemento do vehículo eléctrico

24/02/2023 | 14:24 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a esencia de Ignicia é lograr que a ciencia excelente galega teña un impacto positivo na competitividade económica e no benestar social

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Coruña ao Foro Ignicia 2023

24/02/2023 | 13:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Industrias Ferri o traballo do tecido empresarial galego que permite á comunidade acadar o mellor rexistro histórico en exportacións

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita en Gondomar as instalacións desta empresa do sector naval que ten impulsado a súa internacionalización grazas ao programa Galicia Exporta Empresas

23/02/2023 | 13:27 | C. de Economía e Industria

A empresa porriñesa Quobis internacionaliza a súa propia plataforma de comunicación co apoio da Xunta de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa, unha das 30 pemes que participaron na primeira edición da aceleradora de internacionalización da innovación Galicia Avanza da Administración galega e Tecnópole

23/02/2023 | 09:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta promove a doazón de equipos informáticos para a inclusión dixital das persoas maiores

A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), recibe 31 equipos no marco do Programa de Voluntariado Dixital, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

22/02/2023 | 14:47 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O Goberno galego inviste 40 M€ no impulso dos centros de fabricación avanzada que melloran a competitividade da industria

Rueda recorda que Galicia é a segunda CC. AA. que máis empresas biotecnolóxicas crea e que o biopolo da Sionlla é o mellor exemplo da puxanza desta industria

22/02/2023 | 13:12 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece colaboración ao Goberno central para a posta en marcha da AESIA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participa nunha xornada sobre a 'Actualización da Axenda España Dixital 2026' no Instituto Nacional de Administración Pública