Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

28/11/2023 | 14:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que os premios Aproema amosan o compromiso das administracións e empresas galegas na procura dunha Galicia máis verde e sustentable

Asegura que Galicia ten unhas “posibilidades magníficas” para medrar na nova economía verde actual
 

28/11/2023 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana e o alcalde de Boiro avalían vías de cooperación para atraer investimentos industriais cara ao municipio

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reunise co rexedor do concello coruñés, José Ramón Romero, a quen informou da nova Estratexia de Política Industrial na que está a traballar o Goberno galego
 

27/11/2023 | 20:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada o seu apoio aos traballadores de Einsa Print e pon ao seu dispor todas as ferramentas para garantir a súa formación e recolocación

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes dos traballadores e os alcaldes das Pontes e Pontedeume no que se avaliaron diferentes posibilidades no marco dos Fondos de Transición Xusta

27/11/2023 | 14:31 | C. de Economía e Industria

Unha de cada cinco axudas para desenvolver plans de innovación e deseño recaen en Pemes da provincia de Lugo

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá nun acto de presentación de resultados do plan de innovación da empresa Medrar Smart Solutions apoiado por InnovaPeme 2022

27/11/2023 | 13:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela a seguir polo camiño do diálogo e o debate sosegado para o desenvolvemento en Galicia da eólica mariña

Remarca que, para o Goberno galego, a eólica mariña ten que abrirse paso conciliando as fortalezas de Galicia neste eido cos intereses do sector marítimo-pesqueiro

27/11/2023 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia cunha axuda de preto de 99.000 euros a adquisición dunha máquina de corte de alta precisión na empresa eumesa Tumbadoiro

A través desta convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o Goberno galego busca contribuír a adquisición de maquinaria no rural e promover novas actividades empresariais en aldeas modelo
 

27/11/2023 | 11:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa no proxecto europeo Aeroganp para impulsar a colaboración Galicia-Norte de Portugal no ámbito aeroespacial

Os obxectivos do proxecto son impulsar a I+D+i neste sector na Eurorrexión, a creación dunha rede transfronteiriza de cooperación e a implantación dunha serie de demostradores que faciliten a transferencia de tecnoloxía ao tecido produtivo
 

24/11/2023 | 15:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a realización dunha tese doutoral no eido das terapias avanzadas CAR-T

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, coñeceu esta investigación realizada no marco do programa de Doutoramentos Industriais que está a piques de resolver a súa terceira edición

24/11/2023 | 10:10 | C. de Facenda e Administración Pública
23/11/2023 | 17:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do sector da lousa como motor económico e dinamizador das comarcas onde se desenvolve

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá en Ourense á presentación da exposición fotográfica ‘Pizarra’