Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

19/10/2023 | 15:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O deporte galego de alto nivel é “máis grande e mellor” chegando xa a 1.029 deportistas recoñecidos, 817 de alto nivel e 29 con diversidade

O secretario xeral para o Deporte compareceu no Parlamento para dar conta do deporte de alto nivel de Galicia que, grazas ao decreto de 2020, tamén inclúe o alto rendemento, o rendemento deportivo de base e o recoñecemento a árbitros, xuíces e técnicos

19/10/2023 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta consolida o incremento histórico no orzamento en Deportes con 56 M€ para 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou hoxe en Pontevedra que as contas no ámbito deportivo medrarán en máis dun 27% cunha nova suba récord tras o aumento do 36% xa o ano pasado

Destacou que desta contía 16,2M€ se destinarán ao Bono Deporte que hoxe presentou ás federacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

17/10/2023 | 19:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 300 escolares asistiron á charla de Munitis na delegación da Xunta no marco do ciclo ‘Luz ó Deporte’, da Fundación Breogán

A actividade busca achegar á mocidade a deportistas de primeiro nivel que transmiten os principios e valores adquiridos a través das súas vivencias persoais e da súa traxectoria profesional

17/10/2023 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo traslada ás federacións deportivas os beneficios do Bono Deporte para fomentar a práctica de actividade física

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes informoulles que se reservarán 16,2M€ nos orzamentos de 2024 para este bono de 120 euros
 

16/10/2023 | 22:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia investimentos de 18 M€ para facer de Ferrol a cidade do deporte e novas actuacións nos tres barrios BIC

Anuncia un acordo entre Xunta e Concello para comezar a traballar nun convenio de colaboración que supoña investir 18 millóns de euros ata 2027 en actuacións de rexeneración urbana na cidade e converter a Ferrol na cidade do deporte do futuro

11/10/2023 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio milleiro de deportistas galegos reciben as axudas de alto nivel máis cuantiosas da historia cun total de 700.000 euros

As dúas categorías de axudas para preparación e participación nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024 (6.000 e 4.000 euros) chegan a deportistas como Adrián Ben (atletismo), Teresa Portela (piragüismo), Luis Fernández (piragüismo), Támara Echegoyen (vela), Martín de la Puente (tenis cadeira rodas), Susana Rodríguez Gacio (paratriatlon), Ana Peleteiro (atletismo), Belén Toimil (atletismo) ou Julia Benedetti (patinaxe)

10/10/2023 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Pretorian Race Sarria Extreme, na que se prevé a participación de máis de 700 deportistas o vindeiro domingo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación desta carreira de obstáculos organizada pola asociación Pretoriano Club

08/10/2023 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Ana Ortiz destaca o labor social da II Regata inclusiva Vigo a vela

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este domingo na entrega de premios da segunda edición da proba náutica

06/10/2023 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Regata da Muller sitúa Galicia como potencia da vela feminina e convértese no Campionato de España Feminino por autonomías co apoio da Xunta

A proba, nacida en 2021, ten a súa orixe na adquisición de dous barcos Elliot de 6 metros que a Xunta de Galicia realizou da man da Federación Galega en 2009 e que axudaron a conseguir o ouro de Sofía Toro e Támara Echegoyen en Londres