Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

28/09/2023 | 13:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presentará antes de que remate o ano a Estratexia de Acción Voluntaria 2027

Atenderá a seis eixos estratéxicos e foi elaborada durante os últimos meses a través dun proceso participativo para incluír as achegas da principais entidades e persoas voluntarias

28/09/2023 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 200.000 euros a ampliación da residencia para maiores Suacasa en San Sadurniño

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, visitou as instalacións que recibiron fondos da iniciativa europea Leader para o desenvolvemento do rural xestionada a través do GDR Seitura 22

27/09/2023 | 13:46 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta implanta unha solución tecnolóxica para facilitar a monitorización do estado de saúde nas residencias de maiores e de atención a persoas con discapacidade

Os equipos, que permiten recoller a tempo real as constantes vitais, están a ser implantados este ano en 22 residencias

26/09/2023 | 16:32 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Nelson Mandela do centro penal de Teixeiro recibe a medalla de bronce ao mérito social penitenciario

Máis de 1.700 persoas internas pasaron por este proxecto de preparación para a vida en liberdade impulsado pola Xunta de Galicia e o Ministerio do Interior

23/09/2023 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Política Social fomenta a inserción laboral das persoas con síndrome de Down

O Goberno galego asinou un convenio de colaboración con Down Galicia para promover prácticas formativas dirixidas a 22 persoas con síndrome de Down

22/09/2023 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Ana Ortiz destaca o apoio da Xunta a Down Vigo para fomentar a aprendizaxe e a inclusión sociolaboral a través dos centros sociocomunitarios

A delegada territorial de Xunta en Vigo visitou este venres o Centro Sociocomunitario Rivera Atienza no que mozos e mozas realizan prácticas grazas ao proxecto financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude

21/09/2023 | 17:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Política Social e Igualdade
21/09/2023 | 16:42 | C. de Política Social e Igualdade

Arias destaca en Sarria o papel “imprescindible” de Cáritas na loita contra a exclusión e asegura que seguirá contando co apoio da Xunta

O delegado territorial de Lugo participou na inauguración da nova sede da entidade na vila sarriá, onde destacou que a Administración autonómica continuará traballando polos colectivos máis desfavorecidos en alianza cos entes sociais

21/09/2023 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Aneiros pon en valor o traballo da asociación AFAL Ferrolterra a favor das persoas con alzhéimer e os seus familiares

A representante do Goberno galego interesouse polo funcionamento das instalacións que contan con 40 prazas públicas e nas que actualmente traballan 16 profesionais