Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

28/03/2023 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Aranga na adquisición dun todoterreo para labores ambientais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a localidade para comprobar o funcionamento da dotación enmarcada no Fondo de Compensación Ambiental

24/03/2023 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora dos espazos naturais e da eficiencia enerxética do Concello de Nogueira de Ramuín

A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta en Ourense visitaron a localidade para coñecer as actuacións realizadas no marco do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con máis de 11 M€

23/03/2023 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por intensificar este ano a cooperación transfronteiriza e a mobilidade académica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu a sesión da Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na que se estableceron as liñas de actividade para 2023

23/03/2023 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a Cidade da Xustiza de Vigo anticípase ao Plan Xustiza 2030 ao cumprir todas as características requiridas para as futuras sedes xudiciais sustentables

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe no Parlamento galego que o novo edificio unifica nun só inmoble todos os órganos xudiciais da cidade e ten un deseño que aposta pola eficiencia enerxética e a accesibilidade

22/03/2023 | 19:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda pon en valor a Cidade da Xustiza de Vigo como símbolo do compromiso da Xunta cunhas infraestruturas xudiciais funcionais e de calidade

Subliña que coa transformación do edificio coñecido como Pirulí na Cidade da Xustiza asumiuse o reto de ofrecer aos cidadáns unhas instalacións que xa son un referente mundial no eido das infraestruturas xudiciais

22/03/2023 | 15:27 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos participa nunha visita do alumnado do CEIP Monte dos Postes á sala do Consello da Xunta dentro da semana da administración aberta

O conselleiro de Facenda e Administración Pública contestou as preguntas dos estudantes sobre a administración autonómica e o seu funcionamento

21/03/2023 | 16:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a planificación estratéxica como un elemento esencial para abordar os retos de futuro sen improvisacións

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, impartiu a conferencia “A planificación estratéxica da Xunta de Galicia e o proceso orzamentario” ante estudantes da USC, no marco da Semana da Administración Aberta

21/03/2023 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Promoción do Emprego exporá mañá na Semana da Administración Aberta os apoios autonómicos ao emprendemento e no eido laboral

A participación da Consellería nestas xornadas continuará o venres coa intervención da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sobre as liñas estratéxicas de traballo da súa área

21/03/2023 | 10:47 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 200 novos funcionarios elixirán destino este mes tras superar o proceso selectivo da agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se convoca a elección de destino