Actualidade
Buscador de novas
A Xunta renova a súa colaboración coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños co fin de garantir a atención aos animais que varen na costa galega
Entre as accións a desenvolver ao longo deste ano figuran a detección de animais que chegan con dificultades ao litoral, a prestación dos primeiros auxilios e dos coidados posteriores e, se procede, a identificación da causa da súa morte
A Xunta recolleu ata o momento na costa galega o equivalente a preto de 90 sacos de pellets perdidos polo mercante ‘Toconao’
Na xornada de onte o operativo retirou o equivalente a sete sacos, aos que se engade o que recuperou enteiro o helicóptero de Gardacostas de Galicia Pesca 2 na costa de Valdoviño
A Xunta mobiliza medios de recollida de sacos de pellets no mar para tratar de minimizar a súa posible chegada á costa
O Executivo galego activa dous helicópteros, cinco embarcacións de gran porte e sete patrulleiras para rastrexar a costa galega, un operativo ao que o Goberno central unicamente aporta un avión de vixilancia
A Xunta licita a redacción do plan estruturante do parque empresarial de Cabana de Bergantiños por preto de 250.000 euros
A previsión é que o parque deseñado polo Executivo galego ocupe unha superficie total de máis de 200.000 metros cadrados
Ángeles Vázquez reivindica a necesidade de protexer Galicia fronte a desinformación e pide colaboración a nivel político para defender o interese común
A responsable autonómica avanza que se traballa na constitución dun comité de expertos para vixiar e prever posibles efectos mediambientais sobre os ecosistemas
A Xunta constata que a recollida de sacos de pellets en alta mar é posible tras recuperarse un no Grove e outro en Camariñas e insta ao goberno central a que mobilice os medios solicitados
A vicepresidenta segunda pediu ao delegado do Executivo central en Galicia que active canto antes un operativo no mar para minimizar na medida do posible a chegada de residuos aos areais nos próximos días
A Xunta centra a petición de medios ao Estado nas embarcacións e aeronaves das que dispón en Galicia para atallar a chegada de pellets no mar
Tamén se reclama a utilización do vehículo submarino de control remoto ROV Comanche para buscar e selar os contedores que son a fonte da contaminación
Alfonso Villares exixe ao Goberno central que non poña máis escusas e que actúe antes de que os pellets sigan chegando á costa
O titular de Mar destaca que se continúa reforzando os operativos despregados pola administración autonómica que, proximamente alcanzarán as 300 persoas, que hoxe reforzarán os traballos de recollida e limpeza en máis de 30 concellos afectados
A Xunta urxe ao Goberno central a actuar xa no mar no marco das súas competencias exclusivas e tras máis dun mes de inacción ante o vertido de pellets en Portugal
Ángeles Vázquez subliña a importancia de interceptar os sacos antes da súa chegada ás praias porque unha vez que se abren, a recollida das partículas “é moi complicada”