Actualidade
Buscador de novas
A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a restitución da vía LU-651 en Folgoso do Courel, que suporá un investimento de 5,2 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio deste trámite, polo que os interesados poden presentar alegacións ata o vindeiro 5 de abril
A Xunta iza as estruturas da ponte de Ponte Arnelas co obxectivo de abrila ao tráfico en abril cun investimento de 5,3 M€
A solución consistiu en reforzar a cimentación da ponte, con pilas en ambas as marxes do río, e unha nova estrutura metálica que muda a fisionomía
A Xunta remata o itinerario peonil na estrada PO-400 en Arbo cun investimento de máis de 1 M€
A actuación desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, entre os puntos quilométricos 23+400 e 24+600
A Xunta presenta ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o proxecto para reducir o risco de inundacións en Xunqueira e ofrécese a financiar o 60 % das obras
As actuacións previstas no proxecto supoñen un investimento de 984.000 € e teñen un prazo de execución de 8 meses
A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia a prol do concello de Nigrán da estrada provincial entre Panxón e o Monteferro
A transferencia inclúe a totalidade dos algo máis de 1,9 quilómetros da vía EP-2105
A Xunta convoca en marzo e en maio os titulares dos terreos necesarios para conectar o Hospital Clínico de Santiago co novo itinerario entre O Milladoiro e a estación intermodal
O levantamento de actas previas será os días 11 e 12 de marzo e a formalización das actas de ocupación o 13 e 14 de maio no centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo
Abertas ao uso desde hoxe 141 novas prazas de estacionamento habilitadas polo Sergas na contorna do CHUS
Desde hoxe mesmo, pódese estacionar na parcela que vén de ser acondicionada na Travesía da Choupana (fronte á entrada principal do Hospital Gil Casares)
A Xunta inicia a redacción do proxecto para o acondicionamento da estrada OU-533 entre A Gudiña e Viana do Bolo
Trátase da redacción do proxecto de trazado para a mellora dun treito de 15 km da vía autonómica no que é difícil realizar adiantamentos
A Xunta e o concello de Cariño asinan o convenio de colaboración para mellorar a potabilizadora do Castro
As intervencións teñen un orzamento de máis de 120.000€, do que a Xunta financiará o 80%
A Xunta recibe 5 ofertas para a creación dunha rede de control en tempo real dos sistemas de abastecemento de auga en concellos de menos de 20.000 habitantes
Das 5 ofertas presentadas para realizar estes traballos, 5 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 10 empresas