Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 297 novas da área temática Formación:

08/02/2023 | 10:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mobiliza 7,7 M€ para formar unhas 20.000 persoas ocupadas en 2023 e 2024 no marco do plan de formación dirixido a este colectivo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria para que entidades inscritas impartan formación principalmente en especialidades con maior demanda

06/02/2023 | 17:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana sinala en Vigo o impulso autonómico á formación axustada á demanda das empresas con 3,3 M€ para cualificar 7.500 galegos en 9 sectores estratéxicos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nunha xuntanza de traballo co foro empresarial Vicus Gallaecia

04/02/2023 | 10:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 916 estudantes de FP benefícianse das axudas da Xunta para realizar prácticas formativas en Galicia, España e no estranxeiro

O obxectivo desta acción, dotada cun orzamento de 800.000 €, é compensarlle parcialmente ao alumnado os gastos derivados destas actividades

03/02/2023 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a 11ª edición do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés cun investimento de 250.000 € para mellorar as oportunidades de 100 persoas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiu esta mañá ao acto de presentación desta iniciativa laboral xunto á presidenta da entidade, Marta Giráldez, e anunciou que o obxectivo de inserción repite no 45%

03/02/2023 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O turismo, comercio e ensinanzas deportivas centran as primeiras xornadas formativas do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ferrol

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na sesión celebrada no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

02/02/2023 | 13:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta divulga entre o empresariado lugués o programa ‘Responsabilízate’ que promove a sustentabilidade e o compromiso coas contornas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, presentaron na Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) este programa que impulsa a Responsabilidade Social Empresarial

30/01/2023 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a CEL invitan ás empresas a coñecer o programa ‘Responsabilízate’ nunha xornada o día 2 en Lugo

A iniciativa ofrece asesoramento para superar con éxito os retos medioambientais ou sociais que afronta o tecido produtivo e mellorar a competitividade

25/01/2023 | 20:45 | C. de Sanidade
25/01/2023 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta compromete o seu apoio ao profesorado técnico de FP para que a integración desigual formulada polo Estado non xere desigualdades

Román Rodríguez explica que o “pésimo” desenvolvemento normativo do Ministerio deixa sen atender a 1.000 profesionais