Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon de relevo casos de éxito do Polo de emprendemento do Carballiño entre os arredor de cen proxectos que leva atendido
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, clausurou unha xornada en Castrelo de Miño onde tres persoas emprendedoras deron conta das súas experiencias de asesoramento no centro carballiñés
Rivo pon en valor os apoios da Xunta ás persoas traballadoras autónomas nun encontro con representantes do colectivo na comarca do Carballiño
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou en San Cristovo de Cea nun encontro onde se trataron as distintas convocatorias de axuda abertas, entre as que destaca este ano a cota cero para novas altas
A Xunta avoga pola cooperación público-privada para aproveitar ao máximo as oportunidades do ecosistema innovador galego
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do evento Node Experience, na Cidade das TIC, onde subliñou a importancia de acompañar aos emprendedores e empresarios nun itinerario que inclúe acceso ao financiamento, asesoramento, aposta polo talento e fomento da cultura da internacionalización
A Xunta salienta o impulso ao emprego xuvenil para construír a Galicia do futuro cun mercado de traballo aberto, accesible e sen fronteiras
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na apertura da Feira de Emprego InCampus da Universidade de Vigo
A Xunta investirá case 46 M€ en formar máis de 2.000 persoas desocupadas con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego entre 2024 e 2025
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 39,1 millóns de euros), mentres mañá sairá a de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns)
O Sergas publica os aspirantes seleccionados no concurso de méritos nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería
Resultan seleccionados un total de 294 aspirantes, 17 na categoría de persoal de servizos xerais e 277 na de técnico en coidados auxiliares de enfermería
A Xunta destina 3 M€ para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo
O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación