Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

02/11/2023 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fai un recoñecemento póstumo ao técnico de loita Alexander Kachelaev

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes entregoulle á viúva a medalla de ouro da Federación Galega de Loita nun acto xunto co presidente da entidade deportiva, José Luis Olazábal

31/10/2023 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta pon en valor a renovación das infraestruturas de atletismo na comunidade como a nova pista da Veiga en Cervo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participaron xunto a deportistas como Adrián Ben ou Óscar Husillos, na inauguración da nova pista da Veiga
 

30/10/2023 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fomenta a práctica deportiva entre a rapazada galega co Bono Deporte

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse con federacións deportivas en Vigo para informar das características desta nova axuda de 120 euros

27/10/2023 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destina case 364 M€ en 2024 ao fomento do deporte, á modernización da xustiza, ao apoio ás entidades locais e aos servizos de emerxencias, e a prol da acción exterior da comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do seu departamento para o vindeiro ano

26/10/2023 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O pavillón municipal dos Tilos en Teo terá nova cubrición financiada pola Xunta con 48.300€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a alcaldesa Lucía Calvo asinaron o acordo para garantir a impermeabilización e a eficiencia enerxética das instalacións

26/10/2023 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
26/10/2023 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

O 66 % dos concellos galegos recibiron axudas da nova orde para instalacións e equipamentos da Xunta que suma 8 M€ nas súas dúas convocatorias

En total repartíronse 304 axudas para 206 concellos: 72 concellos obtiveron unha axuda na liña de instalacións, 36 na de equipamentos e 98 en ambas as dúas liñas

24/10/2023 | 18:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca as sinerxías entre deporte e turismo que abondan en Galicia na presentación dos equipos nacionais de deportes de inverno

O secretario xeral para o Deporte lembra a figura de Manuel Valiñas, único galego en participar nuns Xogos de Inverno en Saraievo 84 e sinala a Martín Souto, que xa participou nuns Xogos da Xuventude, como o seu sucesor