Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

26/01/2024 | 14:12 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo a innovación no sector forestal nas instalacións de Maderas Hermanos Castro

O director salientou a súa aposta pola modernización e a mellora da eficiencia así como o seu compromiso coa diminución da pegada de carbono e a utilización de madeira local

26/01/2024 | 13:44 | C. do Medio Rural

A Xunta erixe o Plan Estratéxico da Horta como folla de ruta para reforzar a posición de Galicia como referente da produción hortícola de calidade

Este documento aposta pola sustentabilidade, a diversidade, o respecto polo medio ambiente, a innovación e a profesionalidade como pancas para ofrecer ao mercado produtos frescos e transformados saudables

25/01/2024 | 21:41 | C. do Medio Rural

Os Premios Nacionais da Pataca recoñecen a campaña promocional impulsada pola Xunta para fomentar o consumo deste produto con selo de calidade

A gala da primeira edición destes premios celebrouse hoxe na localidade valisoletana de Medina del Campo, á que asistiu o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos

25/01/2024 | 12:52 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe as axudas para financiar proxectos de grupos operativos para a innovación no agro galego por importe de 2,5 M€

O obxectivo destas achegas é fomentar a innovación no medio rural, en áreas prioritarias como a xestión sustentable dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ao sector

25/01/2024 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 19,5 M€ para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os concellos terán de prazo un mes dende mañá para presentar a súas solicitudes

24/01/2024 | 11:21 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal de Sabadelle, no concello de Chantada, para poñer en valor 38,68 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono, que implica 114 parcelas de 80 propietarios

23/01/2024 | 13:25 | C. do Medio Rural

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude acollerá o vindeiro día 2 de febreiro o IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario

No evento, organizado pola Xunta a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, presentaranse o proxecto europeo AgrifoodTEF, no que participa o Goberno galego e que busca incorporar intelixencia artificial e tecnoloxía robótica ao sector agroalimentario

22/01/2024 | 10:22 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para a mellora de explotacións e a incorporación de mozos e persoas de 41 a 55 anos á actividade agrogandeira

Con estas achegas, dotadas en total con 47 millóns de euros, búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade