Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

13/04/2023 | 18:53 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a planificación estratéxica como clave para garantir o uso responsable e eficiente dos recursos públicos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública asistiu á apertura do curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia na EGAP

12/04/2023 | 13:59 | C. de Facenda e Administración Pública
12/04/2023 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chega a 10 concellos da provincia da Coruña

Os apoios aprobados destínanse á mellora de iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias ou instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos de subministración de gas ou hidróxeno verde

04/04/2023 | 16:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda erixe o traballo conxunto de Galicia e o norte de Portugal como exemplo pioneiro de europeísmo

Subliña que “o soño dunha Europa sen fronteiras” comezou na Eurorrexión coa constitución no ano 1991 da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

03/04/2023 | 16:09 | A Presidencia da Xunta

Rueda ofrece ao Goberno central “máis consensos que desencontros” e pide ao novo delegado que exerza de avogado dos intereses de Galicia ante o Executivo

Adiántalle que a Xunta seguirá traballando intensamente en facer realidade as “grandes reivindicacións” de Galicia, entre as que sitúa as melloras en infraestruturas, o “bo aproveitamento” dos fondos Next Generation, o desenvolvemento das competencias autonómicas e solucións aos problemas da sanidade galega
 

03/04/2023 | 11:49 | C. de Facenda e Administración Pública
02/04/2023 | 13:00 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza un ano máis con 36 funcionarios o servizo de atención ao contribuínte na campaña da renda

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) destina algo máis de 200.000 euros para facilitar que os contribuíntes galegos reciban axuda e asesoramento para facer a declaración do IRPF do exercicio 2022

01/04/2023 | 12:00 | C. de Facenda e Administración Pública

A Semana da Admnistración Aberta da Xunta contou coa participación de preto de 1.700 persoas

Leváronse a cabo 27 actividades ao longo da semana e a enquisa de satisfacción cualifícaas cun 8,5 sobre 10 de media

01/04/2023 | 11:00 | C. de Facenda e Administración Pública

O centro Gaiástech celebra a oitava edición da iniciativa #MESD cun ciclo formativo sobre marketing dixital

 Impartiranse cinco talleres entre abril e maio nos que se abordarán diferentes aspectos dunha estratexia de marketing

29/03/2023 | 18:06 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor en Verín a nova Oficina Rural e a nova base de Unidade Operativa do servizo de prevención e extinción de incendios

José González referiuse aos preto de 255.000 euros que se dedicaron ás novas instalacións da Oficina Rural, establecendo unha zona administrativa, dependencias para os veterinarios e instalacións máis eficientes desde o punto de vista enerxético