Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

12/07/2024 | 14:27 | C. do Mar

Villares reitera o apoio da Consellería do Mar para incentivar o consumo dos produtos pesqueiros como garantía da salubridade da poboación e da sustentabilidade do sector

En aras a impulsar políticas construtivas e útiles á cidadanía, apelou, unha vez máis, á responsabilidade do Goberno central, que segue sen rebaixar o IVE destes produtos, a sabendas de que son indispensables para crear un sistema alimenticio sostible e xusto

12/07/2024 | 14:14 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela a aproveitar as oportunidades que ofrece a Intelixencia Artificial para o tecido empresarial

Indica que no ano 2023, o uso da Intelixencia Artificial nas empresas TIC galegas foi do 29,5%, o que supón un crecemento relativo desde 2021 do 36,6% e un 5% respecto ao ano anterior

12/07/2024 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o impacto das casas niño na conciliación das familias do rural

O Goberno galego impulsou desde o ano 2016 a creación dun centenar de centros que ofrecen atención 100% gratuíta en concellos sen escola infantil

12/07/2024 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta resalta o nivel tecnolóxico dos vinte proxectos que van participar na oitava edición da BFAuto

En total foron 130 candidaturas as que se presentaron a esta convocatoria, das que oito son proxectos que proceden de fóra de Galicia

12/07/2024 | 13:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Gaiás inaugura unha exposición internacional que cuestiona clixés sobre cultura viquinga e achega pezas arqueolóxicas nunca antes exhibidas en España

O titular de Cultura do Goberno galego destacou a colaboración con museos nacionais de Suecia, Dinamarca e Francia para facer realidade “unha das maiores exposicións feitas na península ibérica sobre a cultura viquinga”

12/07/2024 | 13:44 | A Presidencia da Xunta

Rueda acorda co presidente da Deputación da Coruña colaborar en materia de sanidade, estradas e o eido cultural

Solicitou a colaboración do ente provincial en programas de saúde pública como o Plan Reduce Radón ou a Rede Galega de Vixianza de Vectores (Regavivec)

12/07/2024 | 13:42 | C. de Sanidade
12/07/2024 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 102 investigadores predoutorais súmanse ás universidades públicas e outros organismos cun contrato financiado pola Xunta

O Goberno galego inxecta case 12M€ máis neste programa, elevando a 347 os investigadores predoutorais con apoio da Administración autonómica

12/07/2024 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo co obxectivo de rematalas a mediados do 2025 cun investimento de 14,8 M€

Actúase sobre unha superficie de case 7.000 m2 para transformar o antigo edificio da Audiencia Provincial nun inmoble funcional e acolledor, adaptado ás necesidades dos profesionais sanitarios e cómodo e accesible aos usuarios