Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

25/08/2023 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en San Cibrao das Viñas (Ourense)

O lume afectou 0,41 hectáreas de superficie rasa e foi provocado durante os traballos de roza sen as medidas de seguridade necesarias

24/08/2023 | 18:11 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas e obrigou a cortar puntualmente o tráfico pola N-525 a causa do fume, pero xa está restablecido

23/08/2023 | 11:23 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 10 M€ en axudas para accións silvícolas en preto de 5.000 hectáreas de coníferas e frondosas caducifolias dos montes galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha ampliación orzamentaria de 600.000 euros para estas achegas

22/08/2023 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na recuperación e xestión das áreas afectadas polos incendios rexistrados no Courel o ano pasado

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro con axentes locais do Courel para abordar as conclusións do proceso participativo para a recuperación das zonas afectadas por lumes

21/08/2023 | 13:26 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Orosa

A superficie afectada foi de 126,09 hectáreas, das cales 117,59 corresponden a monte raso e 8,5 a arborado

20/08/2023 | 09:40 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia

A superficie afectada foi de 27,5 hectáreas, das cales 25 corresponden a arborado e o resto a raso

19/08/2023 | 17:10 | C. do Medio Rural

Controlados os incendios forestais rexistrados nos concellos lucenses de Palas de Rei e Castro de Rei

Segundo as últimas estimacións o lume de Palas de Rei, parroquia de Orosa, rolda as 125 hectáreas de superficie afectada

19/08/2023 | 09:41 | C. do Medio Rural

Estabilizados os incendios forestais rexistrados nos concellos lucenses de Palas de Rei e Castro de Rei

Segundo as últimas estimacións o lume de Palas de Rei, parroquia de Orosa, rolda as 120 hectáreas de superficie afectada

18/08/2023 | 21:32 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello lucense de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia

Segundo as primeiras estimacións o lume rolda as 20 hectáreas de superficie afectada