Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

01/04/2023 | 14:30 | C. do Mar

A campaña ‘Galicia sabe amar’ promove na comarca da coruña o consumo de peixes e mariscos

Esta iniciativa, que percorre a xeografía española a través de catro foodtrucks, permite degustar unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade de recursos mariños da comunidade

28/03/2023 | 15:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a formación especializada dos xerentes das asociacións de comerciantes para reforzar a competitividade do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou hoxe os diplomas do curso de dixitalización, vendas e promoción en espazos comerciais no que participaron medio cento de profesionais de centros comerciais abertos

27/03/2023 | 13:55 | C. do Medio Rural; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na inauguración da segunda edición de Revera Vinum, onde pon en valor os viños e licores tradicionais de Galicia

O certame -que se celebra hoxe e mañá no hotel Monumento San Francisco- está promovido pola Asociación Hostalería de Galicia

24/03/2023 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os viños, augardentes e licores tradicionais galegos na segunda edición de Revera Vinum

O certame celebrarase os próximo 27 e 28 de marzo en Santiago de Compostela e está promovido pola Asociación Hostalería de Galicia

22/03/2023 | 13:58 | C. de Economía e Industria

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia achega aos máis novos o seu labor na Semana da Administración Aberta

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañou ao alumnado da Casa do Neno de Santiago que visitou as instalacións do ICGG, onde realizaron diferentes actividades para coñecer os seus dereitos como persoas consumidoras

15/03/2023 | 18:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal ‘Praza do Comercio’ da Coruña

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións da entidade, nas que o Goberno galego investiu nos últimos dous anos máis de 33.300 euros

15/03/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta conciencia en Lugo sobre o consumo responsable no Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a oficina lucense do Instituto Galego do Consumo e da Competencia tramitou o ano pasado 2.929 reclamacións, un 35 % máis que en 2021

15/03/2023 | 15:05 | C. de Economía e Industria

Gabriel Alén destaca as medidas da Xunta a prol dos dereitos dos consumidores

O delegado territorial da Xunta visita o punto informativo situado na Praza de Abastos de Ourense con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

15/03/2023 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola información e o asesoramento á cidadanía como mellores ferramentas para garantir os dereitos das persoas consumidoras

A Oficina de Consumo da Xunta na cidade rexistrou o ano pasado 903 consultas e tramitou 1.318 reclamacións, un 2% máis que o ano anterior