Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia melloras en infraestruturas e equipamentos municipais de Curtis con achegas que suman 149.000€
A directora xeral de Administración Local visitou a localidade para coñecer os resultados das obras e as dotacións adquiridas a través de diferentes liñas de axudas
A Xunta recibe 6 ofertas para dotar de abastecemento os núcleos de Nantón e Anos, no concello de Cabana de Bergantiños, cun investimento máis de 1,3 M€
A actuación permitirá dotar a estes 2 núcleos do servizo e asegurar o subministro de auga ao municipio e ao futuro parque industrial da Costa da Morte, co obxectivo de servir a unha poboación futura de 2.000 persoas
A Xunta licita as melloras de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido, visitaron hoxe o inmoble, onde se realizarán melloras que afectarán sobre todo ás zonas da subdirección do Imelga e do xulgado de garda co obxectivo de mellorar o seu funcionamento e a calidade do servizo
As obras do aparcadoiro disuasorio de Nigrán avanzan na estrada Gondomar-Ramallosa con 72 prazas
Ana Ortiz visitou este luns a nova infraestrutura que se constrúe no ámbito da autoestrada AG-57 e a PO-340 (Gondomar-A Ramallosa)
Ethel Vázquez avanza que esta primavera se poñerá en servizo o colector do río Sardiña que completa o saneamento da Malata de Ferrol, cun investimento conxunto da Xunta e do Concello de 900.000 €
Vázquez Mourelle explica que se trata dunha actuación complementaria ás obras de saneamento da Malata, culminada en 2021 cun orzamento autonómico de 7,3 M€
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río do Marco ao seu paso polo concello de Pontevedra
Os dous treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de 100 metros
A Xunta licita as obras de mellora do firme en 3 estradas ao seu paso por 7 concellos da comarca de Ferrolterra, cun investimento de preto de 1,5 M€
Actuarase nas estradas AC-110, AC-564 e AC-566 nos concellos de Cerdido, Moeche, As Somozas, A Capela, As Pontes, Valdoviño e Cedeira
Ethel Vázquez avanza que a Xunta porá en servizo en abril un aparcadoiro disuasorio en Ribadumia cun investimento de 545.000 € para fomentar as viaxes compartidas en torno á autovía do Salnés
Este equipamento, cuxa execución se atopa ao 35 %, facilitará aos condutores un punto de encontro para facer uso de vehículo compartido nas viaxes pola comarca e cara as áreas de Pontevedra, Vigo ou Santiago
O DOG recolle a aprobación do proxecto de trazado do treito da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás, en Tomiño
Este treito de novo trazado comezará cun enlace no punto quilométrico 3+790 da PO-350 e avanzará en dirección A Guarda ata o punto 59+860 da PO-552, na glorieta de Estás
A Xunta avanza a solución para a reconstrución do estribo danado na ponte da estrada OU-536 en Xunqueira de Espadanedo
Acometerase a reconstrución do apoio dispoñendo un recheo de pedra nos primeiros metros e co ancho axeitado nos muros de sillería para garantir a súa resistencia, aproveitando os sillares da propia ponte