Actualidade
Buscador de novas
O alumnado da 15ª promoción de Policía Local formada na Agasp realiza esta semana prácticas no concello do Porriño
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiron hoxe a preto dun cento de axentes desta promoción que estes días coñecen o funcionamento diario das patrullas de Policía Local
O 061 de Galicia asistiu 74 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 16 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 18 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico
Constituído o Posto de Mando Avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de máis de 500 efectivos diarios durante o festival O Son do Camiño
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a seguridade das 120.000 persoas que se prevé que asistan aos concertos desde hoxe ata o sábado
A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promontoiro en Mugardos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no exercicio xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros
A Xunta forma un grupo da Garda Nacional de Dubai en materia de rescate e loita contra a contaminación no mar
O Servizo de Gardacostas impartiu un curso homologado a nivel internacional, con parte teórica e práctica, a 14 membros deste organismo dos Emiratos Árabes Unidos
Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para gastos de funcionamento
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 euros
A Xunta propón a implicación de influencers na difusión do “sentidiño”
O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, amousou o 112 Galicia a persoeiros dos eidos da comunicación e a cultura
A Xunta activa a alerta laranxa por choiva en Lugo e Ourense
Agárdase unha precipitación acumulada nunha hora de ata 30 mm