Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

18/12/2023 | 21:02 | A Presidencia da Xunta
15/12/2023 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita a Alcoa claridade e transparencia no calendario de actuacións e o compromiso de todos para garantir o futuro da planta

Demanda ao Goberno que adopte as medidas precisas para garantir ao sector electrointensivo un prezo eléctrico competitivo

15/12/2023 | 15:42 | C. do Mar

Os proxectos para a modernización de buques acadan un novo máximo con 85 axudas concedidas este ano por máis dun millón e medio de euros

Antonio Basanta detalla que se ampliou o crédito inicial debido ao importante número de solicitudes presentadas para actuacións que melloran as condicións a bordo, a eficiencia enerxética e motriz e que as que aumentan o valor engadido nas frotas

15/12/2023 | 15:27 | C. de Economía e Industria

O Cesga fai balance dos seus trinta anos coa vista posta nun segundo computador cuántico e o supercomputador Finisterrae IV

A directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Cesga, Patricia Argerey, participou esta mañá no evento xunto ao director e subdirector do centro, e antigos responsables

14/12/2023 | 20:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon aos empresarios do polígono do Tambre como exemplo do espírito da industria galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no acto homenaxe ás empresas que cumpren 25 anos na Asociación, onde destacou a importancia de apostar pola cooperación público-privada para impulsar o desenvolvemento industrial e económico de Galicia

13/12/2023 | 17:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta da Xunta por implantar en Galicia unha industria xeradora de biocombustibles

Salienta que a Administración autonómica está poñendo sobre a mesa todas as facilidades posibles a nivel de tramitación e apoios para ver materializados os proxectos previstos

12/12/2023 | 19:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta velará pola selección dun proxecto industrial que garanta a viabilidade de Fandicosta

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, a directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora de XesGalicia, Raquel Rodríguez Espiño, mantiveron unha reunión de traballo co comité de empresa e representantes da compañía

12/12/2023 | 19:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con preto de 260.000 € do Fondo Tecnolóxico a Modernización de 12 negocios nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta orde durante unha visita á farmacia Eiroa Castro, unha das firmas beneficiarias