Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

17/11/2023 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa subliña a importancia de difundir nos máis pequenos os valores da nosa tradición na Xornada de Xogos Populares Galegos de Moaña

A xornada do Programa Xogade contou coa participación dos alumnos de 1º e 2º da ESO do propio IES, ademais do alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros escolares de Tirán, Quintela, Seara e Abelendo

17/11/2023 | 14:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

A 3ª liga territorial de saltos Xogade 2023 chega a súa final fomentando nos máis pequenos valores como a resiliencia, a nobreza e o respecto

O secretario xeral para o Deporte destacou o exemplo da hípica que, dende 2009, case duplica as licencias federativas -contando hoxe con máis de 5.000- das que o 75% son femininas

17/11/2023 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa aos clubs lucenses sobre o Bono Deporte de 120 euros para rapaces federados de 6 a 16 anos

A Delegación Territorial de Lugo organizou unha xornada informativa co obxecto de que as entidades e as familias coñezan este programa de axudas, que está previsto que entre en vigor en xaneiro

16/11/2023 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 11ª ruta 4x4 da comarca de Sarria, que se desenvolve desde mañá ata o domingo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego colabora cos gastos de organización e coa entrega de indumentaria promocional do Xacobeo para repartir entre os participantes

15/11/2023 | 18:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 25.800 euros a seis clubs lucenses para a adquisición de material de deporte adaptado

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou o Club de Piragüismo Cidade de Lugo, que obtivo axudas para a compra de dúas embarcacións

15/11/2023 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O cros zonal de Sanxenxo xunta a 1.720 nenos e nenas de 19 centros educativos nun momento histórico do deporte base galego

O secretaro xeral para o Deporte lembrou que os 135.000 mutualizados poderán solicitar o Bono Deporte que entrará en funcionamento en 2024

15/11/2023 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os clubs de Vigo infórmanse sobre o Bono Deporte que entrará en funcionamento en 2024 para axudas ás familias nos gastos dos seus fillos

En total foron 59 os clubs que acudiron á reunión informativa na que o secretario xeral para o Deporte explicou os pormenores da campaña

14/11/2023 | 18:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O vicepresidente primeiro da Xunta recibe á nova presidenta da Federación española de baloncesto

Elisa Aguilar asumiu o cargo o mes pasado e converteuse na primeira muller en dirixir esta entidade, que precisamente este ano conmemora o seu centenario