Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

20/05/2023 | 11:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Cambre un curso especializado en tintes naturais para profesionais de Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o desenvolvemento do curso de formación de tina de índigo para fibras vexetais, no que participan unha decena de artesáns

16/05/2023 | 19:03 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta mobiliza un millón de euros en vendas en día e medio de funcionamento

A iniciativa que botou a andar este luns suma xa preto de 6.000 comercios participantes, nos que se realizaron xa descontos por máis de 200.000 euros

14/05/2023 | 17:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a singularidade da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a 28ª edición deste evento

14/05/2023 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de que as persoas celíacas teñan unha oferta gastronómica variable e segura

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á II Feira gastronómica sen gluten organizada por Acega

12/05/2023 | 13:44 | C. de Economía e Industria

Arias informa en Lugo do Bono Activa Comercio, que estará dispoñible para a súa descarga a partir do vindeiro luns

O delegado territorial da Xunta visitou dous establecemento da capital e lembrou que desde o pasado martes poden adherirse os comercios interesados

11/05/2023 | 13:45 | C. de Economía e Industria

O selo de Galicia Calidade certifica xa a aposta pola excelencia dos restaurantes composteláns O Tamboril e O Ferro

Con estas dúas novas incorporacións son xa máis de 30 os establecementos de hostalería que contan coa marca, no conxunto das máis de 150 empresas certificadas

09/05/2023 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Gabriel Alén informa da apertura do prazo para adhesión dos establecementos ao Bono Activa Comercio

O delegado territorial informou que a partir de hoxe os establecementos interesados poden adherirse a unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

09/05/2023 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor informa que os establecementos poderán adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta a partir de hoxe martes

O delegado da Xunta visitou o establecemento Tulipano Moda con motivo do lanzamento da terceira edición desta iniciativa, que mobilizará 8,5 millóns de euros

02/05/2023 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con diferentes entidades sociais para impulsar a protección dos consumidores máis vulnerables

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xornada de traballo coas organizacións coas que se impulsarán máis de 50 talleres formativos sobre temáticas como os dereitos das persoas consumidoras e a subministración de enerxía

26/04/2023 | 14:01 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o labor de Conservas A Rosaleira á hora de aportar valor engadido á produción galega de calidade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou as instalacións da empresa, que traballa con produto das IXP Grelos de Galicia e Pataca de Galicia