Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por máis de 3,6 M€ as obras de mellora do firme en 7 estradas autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes
A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense
Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao
A Xunta destina máis de 48.000 euros a obras de accesibilidade no concello de Crecente
Este Concello tamén se beneficiou dunha axuda de 40.000 euros para a adquisición dun vehículo adaptado que mellore o transporte nos seus centros de atención social
A Xunta licita por máis de 2,6 M€ as obras de mellora do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces
Acometerase o acondicionamento do firme en preto de 21 quilómetros destas vías
A Xunta trasládalle ao Concello de Burela a proposta de convenio para executar a nova estación depuradora de augas residuais, que suporá un investimento total de 8,7 M€
O Goberno galego achegará o financiamento maioritario, contribuíndo co 95% do custo da intervención, correspondéndolle ao Concello o 5% restante
A Xunta licita as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas na provincia de Lugo cun investimento de preto de 2,5 M€
Actuarase nas vías LU-530, LU-122 e LU-113, ao paso por Castroverde, Baleira, A Fonsagrada, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Riotorto
A Xunta comeza as obras de mellora da drenaxe da estrada autonómica AC-960 en Camporrapado, en Boqueixón
A intervención supón un investimento de preto de 50.000 €
Ethel Vázquez avanza que a Xunta porá en servizo en maio as novas sendas nas estradas PO-302 e PO-306 en Caleiro, en Vilanova de Arousa, tras un investimento de case 1,3 M€
Habilítase unha senda de 1.100 metros na PO-302 e un itinerario de 270 metros ao longo da PO-306, cunha anchura mínima de 2,20 m para favorecer a accesibilidade e a mobilidade dos veciños
A Xunta recibe 4 ofertas para a explotación e mantemento da estación de tratamento de augas residuais de Ortigueira nos vindeiros 2 anos
Este servizo, cun orzamento de máis de 1,4 M€, inclúe os traballos de conservación das instalacións para que cumpran os obxectivos de depuración en condicións óptimas de funcionamento
A Xunta asina o convenio para materializar o incremento da capacidade do aparcadoiro da estación intermodal da Coruña ata acadar máis de 550 prazas
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade encárgase da construción da nova estación de autobuses integrada na termina ferroviaria de San Cristóbal, ademais de executar os aparcadoiros e os elementos comúns coa estación de tren