Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

20/12/2023 | 19:39 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reclama a revisión do sistema de financiamento autonómico

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, respondeu no Parlamento a unha pregunta sobre a última reunión do CPFF

20/12/2023 | 14:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta o valor cultural, tradicional e de emprego do sector artesán para Galicia

Encomia o labor da Fundación Artesanía de Galicia e dos galardoados como referentes a nivel nacional.

20/12/2023 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Mercado de Nadal de Ourense pon en valor os productos de Artesanía de Galicia

O delegado provincial, Gabriel Alén Castro, participou esta mañá na inauguración do Mercado de Nadal que se pode visitar no 2º andar do Liceo de Ourense ata o xoves 5 de xaneiro

20/12/2023 | 13:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor a economía social no Nadal como símbolo da prosperidade de Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e as entidades que traballan polo emprego colaborativo protagonizan un vídeo de felicitación para transmitir os seus mellores desexos por estas datas

20/12/2023 | 12:40 | C. de Economía e Industria

Galicia e Portugal traballan nas posibles aplicacións do hidróxeno verde na mobilidade sustentable

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá no Porriño á xornada de presentación do proxecto HI_MOV enmarcado no Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

20/12/2023 | 11:58 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta prorrogará a bonificación do 50 % no transporte público autonómico con independencia de que o Goberno central manteña o desconto estatal

“A xente non pode seguir esperando”, argumenta o mandatario galego sobre a necesidade desta medida coa que se suplen as “lagoas” do Executivo estatal
 

19/12/2023 | 21:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno avalían os vindeiros retos para avanzar no desenvolvemento deste vector enerxético

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa directiva da entidade

19/12/2023 | 15:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que proxectos como UVigo Spacelab son mostra do talento innovador e emprendedor do estudantado galego

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe as instalacións coas que conta este equipo de estudantes dedicado ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais

19/12/2023 | 15:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por un rural que atraia nómades dixitais e traballadores en remoto para nutrirse do seu potencial e impulsar as economías locais

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, acompañado da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, visitou o proxecto de ‘coliving’ iSlow Costa da Morte

19/12/2023 | 13:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda comprométese a incrementar a estreita relación entre Galicia-Norte de Portugal para atraer máis investimentos a esta Eurorrexión

Salienta os efectos “notorios e eficaces” desta colaboración e augura que poden ser “moitos máis” ante os “retos-oportunidades” de mellorar as conexións ou levar acabo accións conxuntas en sectores clave, como as enerxías renovables