Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

24/11/2023 | 19:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O décimo quinto plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia abre a súa primeira fase con 2,6 millóns de euros e 125 equipos convidados

O Plan ten como obxectivo igualar o importe histórico acadado co Plan de Patrocinio da tempada 2022/2023 cando se superaron os 3,7 millóns de euros, representando o maior orzamento rexistrado

24/11/2023 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Gabriel Alén informa aos clubs de Ourense sobre o Bono Deporte de 120 euros para rapaces e rapazas federadas de 6 a 16 anos

O delegado territorial detallou que en total serán 120 euros por neno ou nena para a adquisición de material e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas a través dun desconto do 80% de cada compra ata esgotar os 120 euros
 

23/11/2023 | 19:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza a Melania Rodríguez como unha das mellores ximnastas da historia e asegura que terá un futuro olímpico dourado

O secretario xeral para o Deporte participou na homenaxe do Concello de Ponteareas aos seus deportistas destacados

23/11/2023 | 17:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa no Parlamento que, en comparación con 2019, a zona deportiva e as piscinas de Monterrei aumentaron os seus usuarios

En comparación cos datos de 2019, a zona deportiva aumentou os seus usuarios en 2022 nun 60% mentres que as piscinas rexistraron 22.262 bañistas, o que arroxa unha ratio en 2023 de 73 usuarios máis por día

23/11/2023 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o momento histórico do deporte base galego cun Xogade que medra en participación, orzamento, oferta, inclusión e igualdade

O secretario xeral lembra no Parlamento que a partir de 2024 o Bono Deporte beneficiará a cada neno de entre 6 e 16 anos federado ou no XOGADE con 120 euros para a adquisición e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas

22/11/2023 | 19:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa lamenta a ocasión perdida coa Lei Nacional do Deporte e contrapón o traballo e a rigorosidade do tecido deportivo galego

Pon de manifesto a importancia da “intervención do Estado e dos poderes públicos no deporte, así como a regulamentación deportiva e o dereito deportivo, ámbitos que cada día xeran maior atención”

21/11/2023 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz anima á cidadanía a acudir ao partido de baloncesto feminino entre Celta e Ensino no marco dos actos do 25-N

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo presentou na Casa do Deporte de Vigo o encontro que se celebrará en Navia o vindeiro sábado e que se levará a cabo co lema da campaña “Contra a violencia de xénero”

21/11/2023 | 12:37 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta afianza o seu compromiso co Gran Camiño como unha proba que transcende o ámbito deportivo e que amosa a grandeza de Galicia en todo o mundo

O presidente da Xunta, acompañado do secretario xeral para o Deporte, mantivo esta mañá unha reunión en San Caetano co director xeral da firma de eventos deportivos Emesports e da proba ciclista O Gran Camiño, Ezequiel Mosquera

17/11/2023 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arredor de 2000 escolares participan esta semana nas competicións provinciais do programa da Xunta Xogade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu á xornada preparatoria de cros da Mariña, celebrada en Lourenzá