Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

13/07/2023 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Agustín Reguera ofrece a “máxima colaboración e dispoñibilidade” da Xunta co Concello das Neves na súa primeira visita institucional

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra garantíu un contacto “periódico e constante” entre ambas administracións e recibiu o agradecemento do alcalde, José Manuel Alfonso, por aceptar o convite a esta reunión de traballo

07/07/2023 | 13:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta inicia a elaboración dos Orzamentos 2024, que priorizarán o crecemento, o emprego, os proxectos transformadores e a modernización dos servizos públicos

O DOG publica hoxe a orde pola que se ditan as instrucións para a elaboración das contas do vindeiro exercicio

04/07/2023 | 15:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A seguridade viaria e os servizos sociais centran a primeira reunión entre o delegado da Xunta e o novo alcalde da Pastoriza

Javier Arias e Darío Cabaneiro valoraron algúns proxectos que requiren da coordinación de ambas Administracións

29/06/2023 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda anuncia que a Xunta convoca preto de 200 prazas de emprego público na administración galega

Destaca que se trata de “148 prazas de acceso libre e 47 de promoción interna” que se publicarán no DOG “nos vindeiros días”

27/06/2023 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a colaboración coas federacións de asociacións de veciños co obxectivo de mellorar a calidade de vida da cidadanía a través destes colectivos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo asinou hoxe o convenio coa Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave) e catro das súas federacións cunha achega de case 73.000 euros

22/06/2023 | 15:58 | C. de Facenda e Administración Pública

O Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía aproba os contidos da próxima publicación

O volume 18 núm. 1 da revista incluirá artigos sobre o regulamento sanitario internacional, a participación cidadá, a seguridade industrial ou a fidelidade electoral en España, entre outros temas

19/06/2023 | 20:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta os lazos de amizade secular co Uruguai e aposta por reforzar a colaboración en eidos estratéxicos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu á celebración da Festa Nacional organizada polo Consulado Xeral do Uruguai en Compostela

13/06/2023 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola xeración de sinerxías con Portugal a través da cooperación transfronteiriza en ámbitos como a economía

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou nun encontro co presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia

12/06/2023 | 13:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aborda en Bruxelas a situación dos fondos do mecanismo de recuperación e o plan estratéxico de Galicia 2030

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos manterá hoxe e mañá diversos encontros con representantes da Comisión Europea

10/06/2023 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o seu modelo de transferencia de coñecemento ao sector primario galego a unha delegación do Goberno de Angola

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria recibiu os representantes africanos no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), que depende da Consellería do Medio Rural