Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

20/07/2023 | 11:52 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e Ortiz reciben aos galegos do exterior participantes no programa Conecta co Camiño

O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta en Vigo deron a benvida aos 50 mozos e mozas procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil que desfrutarán desta iniciativa

19/07/2023 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima a conectar con Galicia os mozos galegos na diáspora que participan no campamento de verán de Gandarío

O programa ‘Conecta con Galicia’ permite que mozos galegos que viven no exterior coñezan as súas raíces e fagan os seus propios recordos na nosa Comunidade

18/07/2023 | 17:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta propón actividades de aventura na natureza no campamento de verán de Pontemaril, en Forcarei

O programa da actividade inclúe xogos de orientación, rutas en bicicleta, sendeirismo ou a práctica de deportes náuticos como piragüismo ou caiac polo

17/07/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve actividades náuticas e deportivas e unha aula de natureza mariña no campamento de Area, en Viveiro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos nenos e nenas participantes nesta iniciativa enmarcada na campaña de verán do Goberno galego, que oferta 1.780 prazas na provincia

15/07/2023 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

A campaña de verán da Xunta achega a astronomía, as tradicións e a multiaventura á mocidade que participa no campamento da Veiga

A oferta da programación estival do Goberno galego en concellos da provincia de Ourense supera as 1500 prazas, entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras actividades

14/07/2023 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta un “scape room” en galego para a mocidade que visitará 10 concellos da rede de dinamización lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta actividade enmarcada na programación de verán do FalaRedes 2023

12/07/2023 | 20:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve actividades de sendeirismo, obradoiros para facer pan e visitas culturais no campamento de Vilariño de Conso

En toda a provincia de Ourense ofértanse máis de 1.500 prazas nesta edición da programación estival, para que os nenos desfruten das súas vacacións e as familias poidan conciliar

12/07/2023 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta o carácter inclusivo do campo de voluntariado de Amicos na illa de Sálvora

Un grupo de quince mozos procedentes de Galicia, doutras Comunidades Autónomas e do estranxeiro realizan tarefas de limpeza e conservación deste enclave natural

07/07/2023 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a práctica de actividades náuticas entre a mocidade no campamento de verán de As Sinas

Nesta iniciativa proponse o contacto coa natureza e o medio mariño a través da práctica da vela, do piragüismo ou o caiac polo, entre outras actividades

06/07/2023 | 19:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca a evolución do ciclismo galego que esta fin de semana celebra o seu Campionato Autonómico de cadetes, júnior e féminas

O mandatario galego destacou esta proba como unha das máis importantes do calendario autonómico ao xuntar a 140 corredores e corredoras que terán que afrontar un esixente percorrido que pasará polos concellos do Rosal e da Guarda e no que deberán subir o Alto da Portela, no caso dos júnior, ata tres veces