Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 342 novas da área temática Industria:

26/04/2023 | 14:49 | C. de Economía e Industria

Trinta pemes galegas van poder internacionalizar os seus produtos ou servizos innovadores a través do programa Galicia Avanza da Xunta e Tecnópole

Nesta segunda edición do programa, aumentaron as solicitudes un 43 % e as empresas participantes proceden das catro provincias galegas e de sectores moi diversos

26/04/2023 | 14:08 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta destaca o traballo dun consorcio de empresas liderado por Viña Costeira no avance cara á dixitalización do sector vitivinícola

Hoxe informouse, na sede da bodega en Ribadavia, do proxecto Libatio para a dixitalización das fases da maduración e fermentación do viño, que participou no programa Conecta Hubs da Axencia Galega de Innovación

A dixitalización do tecido produtivo, especialmente das pemes, é un dos obxectivos prioritarios da política galega de I+D+i co obxectivo de contribuír a mellorar a súa competitividade
 

24/04/2023 | 17:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anima ao tecido empresarial a aproveitar os novos retos e oportunidades que se lle presentan á industria galega para seguir prosperando

Salienta o crecemento da riqueza industrial galega e anima ao “optimismo” perante o futuro da Comunidade a pesar das dificultades polas consecuencias da pandemia e polo contexto internacional

24/04/2023 | 11:46 | C. de Economía e Industria

Galicia busca captar fondos europeos para que Boeing continúe impulsando novas iniciativas como socio tecnolóxico e industrial do polo aeroespacial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá en Santiago de Compostela un encontro con Patty Chang Chien, vicepresidenta de Boeing Research & Technology, co obxectivo de abordar o marco de colaboración con esta compañía

20/04/2023 | 18:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Primeiras figuras do sector musical como Rodrigo Cuevas comparten a súa experiencia na aceleradora ‘Sonemerxente’ da Xunta e Fundación Paideia

Unha decena de novos artistas participan neste programa, que avanza na súa primeira fase de titorías grupais e personalizadas xunto a profesionais como os produtores Paco Loco e Javier Limón, a manager Eva Planas, a avogada Lucía Sánchez, Unai Fresnedo da axencia Taste The Floor ou Alberto Cantúa de Vive Suecia

20/04/2023 | 13:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta tende a man ao tecido industrial para enfrontar a súa transformación e priorizar o emprego

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou nunha xornada sobre reindustrialización en Ferrol onde avogou por reducir ao mínimo os EREs industriais e brindar apoio ao sector para superar a transición dixital e verde co menor impacto no emprego

20/04/2023 | 13:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por promover unha cadea de valor dixital, verde e resiliente para impulsar a transformación da automoción galega

O Igape participa en Bruxelas na xornada ‘Co-creation roundtable on regional issues Mobility transition pathway’, onde salienta a importancia de avanzar cara a unha mobilidade con máis infraestruturas; na que se impulsen os vehículos non contaminantes; máis intelixente, cunha modernización da xestión do transporte público; e máis eficiente e segura

19/04/2023 | 21:00 | C. de Economía e Industria

Conde salienta a importancia de seguir acompañando a actividade empresarial e as necesidades das empresas da comarca da Limia

O vicepresidente económico subliñou que a Administración autonómica está a orientar todo este esforzo cara a tres eidos: a axilidade administrativa, o acceso a solo industrial e o impulso da innovación e a sustentabilidade no tecido empresarial galego

De xaneiro a marzo creáronse na provincia de Ourense 115 empresas, un 18,5% máis que no primeiro trimestre do ano pasado

19/04/2023 | 14:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Rueda destaca o pulo do sector conserveiro galego que traballa para seguir liderando o mercado da man da innovación e dos estándares de calidade


Salienta o afán da empresa conserveira por converterse nun referente mundial no emprego das novas tecnoloxías nunha das plantas máis grandes e modernas do sector conserveiro en Galicia

18/04/2023 | 15:26 | C. de Economía e Industria

Galicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe nunha xornada do foro de innovación Conecta Mar