Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

26/07/2023 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levanta catro actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado nas festas do Apóstolo en Compostela

O levantamento foi a tres menores, por consumo de alcohol en dous casos e de substancias estupefacientes noutro, e a un establecemento por venda de alcohol a menores

21/07/2023 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Cenlle

O lume afectou 1,20 hectáreas e produciuse durante a realización de talas sen as medidas de seguridade necesarias

12/07/2023 | 14:17 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes ás ambulancias da rede transporte sanitario urxente incluso á marxe das convocatorias de folga

Ás 82 ambulancias asistenciais con picadas nas rodas nas xornadas de convocatoria de folga, súmanse, desde o 8 de xullo e ata hoxe pola mañá, outros 49 vehículos con picadas nas rodas

12/07/2023 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellorará a eficacia na busca de persoas desaparecidas cun proxecto novidoso baseado no uso de drons con sistemas de xeolocalizacion avanzada

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou no Parlamento de Galicia as innovacións realizadas para aplicar nos operativos de busca

12/07/2023 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial de Galicia como referente na organización de eventos deportivos relacionados co salvamento e o socorrismo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á última das xornadas do XXXV Campionato de España de Verán de Salvamento e Socorrismo nas categorías xuvenil e júnior na praia do Orzán

10/07/2023 | 11:12 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 78 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 7 de xullo ata as 23,59 horas do domingo, 9 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico

09/07/2023 | 12:21 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 insiste en condenar firmemente as sabotaxes e na necesidade dun comportamento responsable

Á marxe da convocatoria de xornadas de folga, desde as 00.00 horas ata as 23.59 horas de onte, sábado 8 de xullo, rexistráronse sabotaxes con picadas nas rodas en 20 ambulancias asistenciais da Rede de transporte sanitario urxente

08/07/2023 | 11:57 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes contra os recursos do servizo público galego de urxencias e emerxencias na primeira convocatoria de folga

Desde as 00.00 horas do día 6 de xullo ata as 23.59 do 7 de xullo, 82 ambulancias rexistraron picadas nas rodas, ademais doutros actos vandálicos como pintadas ou cortes dos cintos dos vehículos

07/07/2023 | 15:50 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 insiste en facer unha firme condena das sabotaxes e en lembrar a necesidade dun comportamento responsable nas xornadas de folga

Desde as 00.00 horas de onte, 6 de xullo, ata as 12.00 horas da mañá de hoxe, 7 de xullo, sufriron sabotaxes con picadas nas rodas 56 ambulancias da RTSU, ademais doutros actos vandálicos como pintadas ou cortes dos cintos dos vehículos

06/07/2023 | 19:22 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes contra as ambulancias da rede de transporte sanitario urxente durante a primeira xornada de folga

Como servizo esencial para a poboación, os servizos mínimos establecidos para a atención ás urxencias e ás emerxencias durante as xornadas de folga son do 100 % para toda a Comunidade Autónoma