Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

01/01/2024 | 14:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes da primeira liña específica de apoio ás startups galegas

A Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 1,5 M€ a este programa que cobre a totalidade dos gastos de lanzamento e consolidación de proxectos de emprendedores innovadores, ata un máximo de 20.000 euros

29/12/2023 | 14:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda cos traballadores de Ferroglobe as medidas de apoio á industria electrointensiva

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co comité de empresa da factoría de Arteixo, no que se informou do estado de tramitación dos parques eólicos que poden abaratar os custos enerxéticos da compañía

28/12/2023 | 18:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

A Xunta traslada aos traballadores de Alcoa o seu compromiso coa actividade industrial e o emprego

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuníronse con representantes do Comité de empresa da factoría lucense

27/12/2023 | 15:03 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o traballo do laboratorio de consumo de Galicia a prol da seguridade dos produtos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou na Coruña este centro cuxo labor sitúa a Galicia como líder no control de produtos de consumo

26/12/2023 | 16:28 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o fomento das vocacións científicas entre o estudantado que impulsa o CIS Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Ferrol o campamento científico no que participan esta semana preto de 40 alumnos e alumnas de ESO

22/12/2023 | 14:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na sentenza do Supremo un aval á tramitación ambiental e ás autorizacións outorgadas pola administración galega aos proxectos eólicos

O Tribunal Supremo vén de revocar a anulación do parque eólico Corme G-3 estimando o recurso da Xunta de Galicia e EDP Renovables
 

21/12/2023 | 19:59 | C. de Economía e Industria

Os premios Galicia de Innovación e Deseño 2023 recoñecen a profesionais e empresas que contribúen a “mellorar a competitividade e a calidade de vida”

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, sinala na entrega destes galardóns que tanto gañadores como finalistas reivindican a marca Galicia co seu traballo e creatividade

21/12/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

O delegado territorial visita o Galicia Palace e destaca os máis de 1.5 M€ investidos na provincia grazas ao Bono Enerxía Peme

O hotel utilizou a axuda para substituír 190 luminarias dos seus salóns o que lles permitirá aforrar un 43%