Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

02/12/2023 | 10:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor subliña as vantaxes do Bono Deporte de 120 euros ante as entidades deportivas de Costa da Morte

Permitirá ás familias sufragar compras de material, equipamiento, asistencia a clases ou a realización de actividades deportivas

01/12/2023 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o programa de axuda ao deportista que ofrecerá asesoramento psicolóxico, titorización e orientación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou que a medida enmárcase no traballo da Oficina de Atención ao Deportista

30/11/2023 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte ; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta ratifica a unión entre turismo e deporte como caras dunha mesma moeda na inauguración de Sportur 2023 e do congreso internacional

O secretario xeral para o Deporte asegura que Galicia conta coas “ferramentas necesarias e suficientes” para recuperar os rexistros turísticos asociados ao deporte pre pandemia grazas a innumerables recursos

29/11/2023 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa visita o pavillón municipal do Porriño que nos últimos anos mellorou o seu equipamento grazas ás axudas da Xunta

Neste mesmo ano, o Concello do Porriño recibiu unha axuda de 10.000 euros para a instalación dun videomarcador ao abeiro da orde de subvencións para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, da que resultaron beneficiarios o 66 % dos concellos galegos

Secretario xeral e alcalde visitaron as zonas de adestramento de dous dos clubs máis importantes do municipio -Porriño Baloncesto Base e Club Balonmán Porriño- que foron renovadas en 2022 grazas a orde de equipamento deportivo da Xunta de Galicia cunha axuda de máis de 11.000 euros

28/11/2023 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio Centenar de persoas das federacións asistiron ás novas xornadas de deporte inclusivo para fomentar o proceso de integración dos deportistas

A Coruña, Vigo e Santiago acolleron os bloques das xornadas: ‘A inclusión no deporte: o papel das federacións deportivas’ que recollen a remuda das realizadas entre os meses de maio e xuño baixo o título ‘ ‘Formación do persoal técnico deportivo para a inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional’

25/11/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa conmemora o Día contra a violencia de xénero acompañado dunha “gran muller” como Desi Vila na presentación da tempada 2024 do club Delikia

O secretario xeral para o Deporte lembra o puxante estado en Galicia do deporte feminino -unha de cada catro licenzas son femininas e vai en aumento- e do deporte adaptado -o 87,5% dos nosos deportistas nos Xogos Paralímpicos regresaron entre os oito mellores do Mundo-