Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

30/06/2023 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
29/06/2023 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O proxecto Milkchain, promovido por Leche Río co apoio da Xunta, establece a trazabilidade do produto desde a orixe ata o consumidor

Na iniciativa participan tamén as compañías Proymaes (O Porriño), Innogando (Abadín), Himikode (Lugo) e PS Vet (Boqueixón)

29/06/2023 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a excelencia dos queixos de Galicia a semana vindeira en Madrid coa campaña “Irmáns de leite”

O acto terá lugar o vindeiro luns na Casa de Galicia da capital de España e nel exaltarase a calidade dos queixos de Arzúa-Ulloa, Cebreiro, San Simón da Costa e Queixo Tetilla

28/06/2023 | 17:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/06/2023 | 11:41 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o auxe da produción de sidra en Galicia nos últimos anos, apostando pola mazá natural e ecolóxica

Este seminario está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e inclúe faladoiros e mesas redondas, así como conferencias impartidas por expertos sobre este tipo de producións no norte de Portugal e Galicia

21/06/2023 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que a semana que vén pecha o prazo de solicitude para acceder ás axudas para a implantación de caldeiras de biomasa

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Nigrán unha vivenda que recibiu apoios da convocatoria anterior

21/06/2023 | 14:30 | C. do Mar

A Xunta enxalza a calidade e oferta da Cociña do Mar de Galicia a través de cinco foros gastronómicos na Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago

O conselleiro sinalou que o obxectivo principal é animar á cidadanía a consumir os produtos das rías galegas, así como poñer en valor o labor dos profesionais da cadea mar-industria e tamén o das cociñeiras e cociñeiros cos que conta a comunidade

20/06/2023 | 15:09 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia a estudantes do IES Coruxo, do CPR Plurilingüe Barreiro e do IES San Tomé de Freixeiro de Vigo no certame Consumópolis

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe os centros educativos galardoados nesta iniciativa mediante a cal se impulsa o consumo responsable nos máis novos

20/06/2023 | 13:38 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta polo sector aceiteiro en Galicia e salienta a calidade das variedades autóctonas

José Balseiros participou esta mañá en Sanxenxo nunha cata e degustación de aceites de oliva virxe extra (AOVE), na que destacou a calidade dos aceites galegos e apostou polo traballo das empresas participantes para que continúen elaborando produtos de calidade

19/06/2023 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta é premiada coa medalla da Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos ao mérito en alimentación animal polo seu labor neste eido

En concreto, o veterinario da Consellería do Medio Rural Juan Gómez Apesteguía foi galardoado polo seu labor a prol da seguridade alimentaria e velando pola calidade dos produtos de alimentación para animais