Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

14/07/2024 | 10:04 |

A Xunta destina 3 M€ ás axudas de aconsellamento para axilizar a burocracia a máis de 3.500 explotacións

A Consellería do Medio Rural publicará mañá a convocatoria destas axudas no Diario Oficial de Galicia

14/07/2024 | 09:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aumenta o servizo de bibliotecas móbiles coa adxudicación dunha terceira ruta de ‘A Furgoteca’

A nova liña, que estará dispoñible tras o verán, completa as dúas que xa funcionan desde marzo de 2023 no rural de Lugo e Ourense, reforzando o servizo con 10 concellos máis da zona occidental desta última provincia

14/07/2024 | 09:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces

As intervencións permitirán o acondicionamento do firme en preto de 21 quilómetros destas vías autonómicas

13/07/2024 | 16:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que permanece aberta a convocatoria de apoios para impulsar a actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado

Os apoios, cuxo prazo remata o 30 de setembro, inclúen achegas para os gastos do primeiro ano, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia 

13/07/2024 | 16:21 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que o ano que vén comezarán as obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán

Apunta que contarán cun orzamento de 17,3 M€ ata 2026 e que a idea é construir un hotel de catro estrelas, un área de exposicións na planta baixa, un espazo multiusos para eventos, salas de coworking para empresas do sector forestal, e rutas guiadas polos xardíns

13/07/2024 | 16:13 | C. de Política Social e Igualdade
13/07/2024 | 16:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará o luns as obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica do Val Miñor

Comeza a campaña de mellora de firmes na autoestrada AG-57 Vigo-Baiona, incluíndo o ramal AG-57N a Nigrán, e prolongaranse ata a semana do 5 de agosto

13/07/2024 | 14:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Cultura impulsa a educación musical na mocidade cun festival de bandas con máis de 550 participantes

Con esta actividade, a Xunta de Galicia promove a creación de sinerxías entre mozos e mozas das agrupacións de toda a xeografía galega