Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

17/11/2023 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece ao Colexio Oficial de Traballo Social o seu compromiso na transformación de Galicia

Comprométese a seguir incrementando o número de traballadores sociais por toda a Comunidade a través do Plan Concertado que contará o vindeiro ano cun orzamento de 15 millóns de euros

16/11/2023 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora cos Bolechas nunha guía que visibiliza a realidade das familias monoparentais entre a cativada

Esta nova lectura da familia máis famosa da literatura infantil galega pretende educar na corresponsabilidade a través da igualdade, a conciliación e o desenvolvemento familiar

15/11/2023 | 11:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o programa piloto desenvolvido con EAPN Galicia que permitiu mellorar a empregabilidade de 600 persoas en exclusión social

O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron nun simposio no que EAPN Galicia fixo balance da iniciativa e aplaudiu o case 40 % de inserción laboral acadada

13/11/2023 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Preto de 100 profesionais dos centros de información á muller de Galicia participan na formación en atención a persoas LGTBI

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe na primeira das sesións presenciais desta iniciativa que se celebrou na EGAP, en Santiago de Compostela

08/11/2023 | 21:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a formación de mulleres rurais de Lugo para acreditar a súa experiencia no coidado de menores de 16 anos

A secretaria xeral da Igualdade visitou hoxe o curso de primeiros auxilios que celebra a Federación de mulleres do rural da provincia lucense (Afammer Lugo) co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade no marco do Plan Corresponsables