Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

07/04/2024 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma o persoal técnico dos Polos de emprendemento e as empresas asesoradas na rede en Responsabilidade Social Empresarial

Esta semana tivo lugar unha primeira xornada informativa para que os técnicos poidan promover que os negocios que atenden se desenvolvan tendo en conta de xeito equilibrado ás variables económicas, ambientais, sociais e de bo goberno

05/04/2024 | 14:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A colaboración da Xunta co clúster do naval permitiu en dous anos a formación de 1.195 persoas cun investimento de máis de 510.000€

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou hoxe Galventus Servizos Eólicos en Cambados, onde se están a impartir cursos de formación para traballar na reparación e mantemento de pas eólicas

03/04/2024 | 21:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon de relevo os múltiples apoios da Xunta para impulsar o emprendemento e o emprego co gallo de afianzar o crecemento económico de Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no encontro que mantivo esta tarde en Santiago o presidente da patronal española, Antonio Garamendi, co Consello Asesor e organizacións Integradas na patronal galega    

03/04/2024 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz anima ao alumnado do obradoiro dual Vigo Capacita IX, no que a Xunta inviste 531.000 euros, a “aproveitar a oportunidade dunha formación especializada”

A delegada territorial da Xunta visitou aos participantes desta iniciativa laboral na que un total de 20 vigueses recibien formación nas especialidades de cociña e servizo de restauración

03/04/2024 | 11:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo fai fincapé en que a Xunta está vixiante para garantir o cumprimento da prevención de riscos laborais en Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, protagoniza un vídeo que se vén de difundir nas redes sociais para concienciar ás empresas galegas da necesidade de garantir a seguridade e saúde no traballo

02/04/2024 | 21:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo en Vigo as axudas a disposición de persoas traballadoras autónomas e pemes

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha nova xornada organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia

02/04/2024 | 19:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo incide na necesidade de rachar cos prexuízos de xénero na elección e no exercicio dunha profesión

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou hoxe en Lugo nunha nova xornada de Emprego sen etiquetas, organizada pola Xunta, para impulsar a presenza feminina en sectores económicos onde tradicionalmente predominan os homes

02/04/2024 | 11:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O desemprego volve situarse en Galicia por debaixo das 130.000 persoas no mellor marzo da serie histórica

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, destacou a baixada anual do paro en todas as provincias, as sete cidades e en todos os sectores 

02/04/2024 | 10:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta ao Goberno de Aragón a ferramenta EMI dispoñible xa en todas as oficinas de emprego para sincronizar oferta e demanda con intelixencia artificial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, amosoulle á vicepresidenta segunda e consejera de Economía, Empleo e Industria do Goberno de Aragón, Mar Vaquero, como funciona este software