Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

19/07/2023 | 12:56 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade certificará os produtos de porco celta galego grazas a un acordo con Asoporcel

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Lugo na presentación da colaboración coa Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta, que permitirá aos produtores acceder ao uso do selo de garantía

18/07/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Os produtos da queixería Santo André de Castroverde contan xa co certificado de Galicia Calidade

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron hoxe as instalacións da empresa, onde puxeron en valor o carácter artesanal no proceso de elaboración dos produtos

13/07/2023 | 20:31 | C. do Medio Rural

A Xunta promove no Portamérica o consumo de produtos de calidade diferenciada

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria contará cun posto no que se poderán degustar, entre outros, queixos e viños con distintivos de calidade

07/07/2023 | 13:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reivindica en Agolada a importancia cultural e económica da artesanía de Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a décima edición do Corazón da Artesanía, onde sinalou que o número de obradoiros rexistrados alcanza xa os 857, case o dobre que en 2012

07/07/2023 | 12:53 | C. do Mar

Alfonso Villares censura que o Goberno central persista en excluír os produtos do mar da rebaixa do IVE pois dificulta o labor para impulsar o seu consumo

O titular de Mar anima ás galegas e galegos a apostar polos peixes e mariscos na súa dieta para gañar en saúde e benestar en todas as etapas da vida

06/07/2023 | 14:12 | C. do Mar

A Xunta celebra en Vigo o primeiro foro “Galicia sabe amar” que anima a consumir produtos do mar para mellorar a saúde e o benestar da poboación

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, inaugurará o evento, que se celebrará no Museo do Mar e contará con degustacións, mesas de debate e conferencias a cargo de profesionais da saúde e do mar, cociñeiros ou divulgadores, entre outros expertos

06/07/2023 | 13:11 | C. de Economía e Industria

Os produtos das empresas Lácteos Ferrado Verde e Quesería Artesanal Ruta Xacobea contan xa co certificado de Galicia Calidade

Ana Méndez, xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, fixo entrega do selo de garantía a estas dúas compañías do grupo TGT, situadas en Santa Comba e O Pino

05/07/2023 | 10:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a comercialización de Artesanía de Galicia nunha tenda efémera en Sanxenxo en colaboración coa firma téxtil D-due

O Pop Up Artesanía de Galicia & D-due inclúe pezas de 47 obradoiros artesanais galegos e  Galicia Summer Shop especializados en olería e cestería tradicional, madeira, tecido, madeira, vidro, estampaxe ou coiro, entre outros

04/07/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

O cámping Paisaxe II do Grove convértese no primeiro establecemento deste tipo en recibir o selo de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou hoxe o certificado á compañía, que se suma aos xa máis de 30 establecementos de hostalería que contan con este distintivo no conxunto das máis de 150 empresas certificadas