Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.757 novas:

13/08/2024 | 12:41 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural impulsa a promoción do viño galego fóra da Unión Europea cun orzamento de 1,7 millóns de euros

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de 2025 das axudas destinadas a este obxectivo

13/08/2024 | 12:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca 9,3 M€ en axudas a entidades sen ánimo de lucro para contratar 500 persoas e facilitar a súa empregabilidade no sector dos servizos sociais

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais visitou en Santiago a sede da Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade Intelectual ou do desenvolvemento (Fademga), que recibiu case 162.000 € na convocatoria pasada

13/08/2024 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina o convenio co Concello de Baiona para apoiar a contratación neste verán de auxiliares de Policía Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou a importancia das axudas para reforzar a seguridade nos municipios turísticos cun incremento elevado de poboación na época estival

13/08/2024 | 11:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ten aberto o prazo para solicitar as axudas de desprazamento ao alumnado de FP que realice prácticas formativas dentro e fóra de Galicia

A contía máxima da axuda acada os 375€ para os estudantes que fagan as prácticas dentro da comunidade autónoma e fóra do seu concello

13/08/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que as empresas galegas poden seguir solicitando os apoios abertos para microformacións específicas axustadas ás súas necesidades

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou o centro Saraiva Sénior, compañía beneficiaria do Bono Talento Empresa

13/08/2024 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural incorpora a variedade de uva autóctona “Ratiño gallega” á listaxe de admitidas para a elaboración de viño con Denominación de Orixe Rías Baixas

Así o indica a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), que contempla outras modificacións do prego de condicións deste indicativo de calidade solicitadas polo seu consello regulador

13/08/2024 | 10:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica o programa de comercio circular con 1,2 M€ para potenciar a transformación sostible do sector e impulsar as pemes e autónomos do téxtil

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron en Cambre o obradoiro artesán Belategui Regueiro para difundir esta convocatoria que sae hoxe no DOG

13/08/2024 | 10:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará as frecuencias de autobús durante as festas da Laracha e da parroquia de Bértoa de Carballo

Os reforzos levaranse a cabo nos servizos de última hora nas saídas desde A Coruña e Carballo e adicionais a primeira hora do día seguinte a estes dous destinos  

13/08/2024 | 09:35 | C. de Sanidade

A Xunta somete a información pública o anteproxecto de concesión do aparcadoiro do Hospital Novo Montecelo que creará preto de 900 prazas

A infraestrutura concíbese como unha ampliación da avenida Montecelo na vertente cara a ría de Pontevedra