Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

03/08/2023 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca as actividades e a implicación da Xunta pola presenza da muller no eido tecnolóxico

Para o delegado territorial trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM

01/08/2023 | 18:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axuda na recuperación da festa etnográfica de Loñoá que amosa oficios tradicionais de Galicia

Os participantes proveñen de diferentes países e colaboran na organización desta festa etnográfica para evitar que se perda

31/07/2023 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita 325 prazas en campamentos e campos de voluntariado na área de Vigo coa campaña de verán 2023

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, visitou este lunes o Centro de Educación Ambiental Kiriko no que se celebra un novo campamento para nenos de 11 a 14 anos

31/07/2023 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide o curso na escola infantil pública autonómica Rosalía de Castro, en Vigo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, agradeceu o traballo do persoal e a confianza das familias na proposta educativa do centro

30/07/2023 | 14:33 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración rematan a súa andaina ante a Catedral de Santiago de Compostela

Este programa permitiu que 50 galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego

29/07/2023 | 11:19 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

Chegan a Galicia os mozos e mozas do exterior que participan na segunda quenda do programa Conecta con Galicia de Emigración

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, se desenvolve no albergue de Gandarío ata o próximo 11 de agosto e ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual

28/07/2023 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o proxecto ‘RuralYouthFuture’ de fomento do emprego xuvenil no rural

Asistiron representantes de distintos departamentos do Goberno galego e tamén da Cámara de Comercio de Santiago, da Universidade de Vigo, da Eurocidade Chaves-Verín, da Federación de Centros Xuvenís don Bosco e da asociación Amicos

27/07/2023 | 19:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece actividades para a mocidade no corazón dos Ancares

Vinte rapaces de entre 10 e 14 anos desfrutan nesta segunda quenda de estadías de cinco días no hotel Piornedo e de actividades de sendeirismo, tirolina, paddle surf e veladas

27/07/2023 | 15:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Galicia é un destino europeo de referencia na formación de mozos que se incorporan ao sector primario

José González puxo en valor a intensa actividade formativa, tanto en materia de ensinanza regrada como non regrada, no ámbito agropecuario e forestal

27/07/2023 | 11:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor educativo da campaña de verán para a mocidade

Neste campamento, que hoxe celebra o seu último día, mozos e mozas de entre 9 e 12 anos aprenden a separar residuos, a plantar árbores autóctonas, a realizar traballos na horta e a fabricar xabóns artesanais, entre outras actividades